Funcións Sociais da Lingua: Unha Análise da Diglosia

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,17 KB

Clasificación dos Sons Consonánticos

Consoantes Oclusivas

  • /P/: Oclusivo bilabial xordo
  • /T/: Oclusivo dental xordo
  • /K/: Oclusivo velar xordo
  • /b/: Oclusivo bilabial sonoro
  • /d/: Oclusivo dental sonoro
  • /g/: Oclusivo velar sonoro

Consoantes Fricativas

  • /s/: Fricativo alveolar xordo
  • /δ/ (z): Fricativo palatal xordo
  • /f/: Fricativo labiodental xordo
  • /ζ/ (x): Fricativo palatal xordo

Consoantes Africadas

  • /tζ/ (ch): Africado palatal xordo

Consoantes Nasais

  • /m/: Nasal bilabial sonoro
  • /n/: Nasal alveolar sonoro
  • /η/ (nh/-n): Nasal velar sonoro
  • /η̃/ (ñ): Nasal palatal sonoro

Consoantes Laterais

  • /L/: Lateral alveolar sonoro
  • /λ/ (ll): Lateral palatal sonoro

Consoantes Vibrantes

  • /r/: Vibrante simple alveolar sonoro
  • /τ/: Vibrante múltiple alveolar sonoro

Funcións Sociais da Lingua

A funcionalidade xeral de calquera lingua concretase nas funcións que pode desempeñar nos diferentes niveis e ámbitos sociais:

  • Identidade: A que realiza a lingua no marco interno do individuo.
  • Familiar: A lingua como elemento de relación dunha familia.
  • Local: A que desempeña a lingua nos contactos entre persoas do mesmo entorno.
  • Laboral: A que desempeña a lingua no traballo.
  • Institucional: A lingua como vehículo de comunicación entre o individuo e os estamentos da nación.
  • Cultural: A lingua para expresar e recibir os conceptos das ciencias e a arte.
  • Internacional: A lingua utilizada polos seus falantes orixinarios e por individuos doutras nacións que a teñen como segunda lingua.

Se nun territorio conviven dúas linguas, unha delas desempeña máis funcións e máis prioritarias. A lingua que penetra (ex. castelán) é a lingua dominante, e a propia (ex. galego) é considerada inferior. Os falantes da lingua propia comezan a falar a dominante. Isto pode levar á diglosia.

Diglosia

A diglosia prodúcese cando hai un reparto desigual entre linguas diferentes e cumpren funcións distintas. Hai dous tipos:

  • Endoglosia: Cando dúas variedades da mesma lingua son usadas en situacións distintas. As diferenzas entre as dúas linguas deben ser considerables. Isto supón unha situación estable entre as linguas.
  • Exoglosia: As dúas linguas teñen funcións diferentes na sociedade, polo que hai unha lingua superior nos contextos importantes e unha inferior para o uso informal, o que dá unha situación conflitiva entre as dúas.

Entradas relacionadas: