O Galego baixo o Franquismo (1936-1978): Represión e Recuperación Cultural

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,89 KB

O galego (1936-1978): Contexto histórico e situación sociolingüística

A represión e o exilio (1936)

O estalido da Guerra Civil Española e a superioridade dos sublevados contribuíron a unha forte represión xeneralizada no territorio galegofalante. As consecuencias para os intelectuais foron severas:

  • Moitos autores morreron, como Ánxel Casal ou Alexandre Bóveda.
  • Outros, como Otero Pedrayo, pagaron con expedientes ou coa cadea.
  • Un gran número de escritores tiveron que emigrar. Castelao é un dos máis claros exemplos de autores que foron obrigados a fuxir do país.

Bos Aires: Capital da cultura galega no exilio

O apoxeo literario anterior viuse reducido ao silencio. Os intelectuais exiliados foron os encargados de manter viva a cultura galega mediante a creación de editoriais, programas de radio ou revistas.

A capital da cultura galega pasou a ser Bos Aires, destacando figuras cruciais como Castelao, Rafael Dieste, Luis Seoane ou Blanco Amor.

O galego como lingua de ámbito privado

Neste momento, o galego pasou a ser percibido como unha lingua inferior, falada unicamente coa familia ou cos amigos. Empregala fóra deses ámbitos podía supor a perda do traballo ou mesmo da liberdade, aínda que formalmente non estaba prohibido falar en galego.

A recuperación cultural e a Editorial Galaxia (Anos 50)

Ata os anos 40 en Galiza non houbo unha recuperación cultural significativa. Nos anos 50, un grupo de intelectuais liderado por Ramón Piñeiro e Otero Pedrayo creou a editorial Galaxia, fundamental para a recuperación da nosa cultura.

Autores clave que publicaron os seus libros nesta etapa inclúen: Fole, Álvaro Cunqueiro, Méndez Ferrín ou Carlos Casares.

Os anos 60: Nacionalismo e recoñecemento

Durante a década de 1960 xurdiron os partidos nacionalistas (clandestinos e minoritarios). Ademais, houbo un certo recoñecemento e tolerancia cara ao galego.

Feitos destacados desta época:

  • Aparición do Día das Letras Galegas.
  • Creación de moitas editoriais e revistas monolingües.

Desgaleguización e ditadura

Pese aos procesos de normalización da lingua, o fenómeno desgaleguizador social avanzou durante a época da ditadura a un ritmo maior. Dous factores clave favoreceron a perda de galegofalantes (aínda que seguía sendo a lingua maioritaria):

  1. O éxodo cara ás cidades aumentou.
  2. O ensino estaba impartido só en castelán.

A depuración léxica

A pesar dos problemas xerados polo franquismo, aumentou a conciencia da necesidade dunha depuración léxica do galego, que implicaba rexeitar castelanismos e incorporar neoloxismos e cultismos.

Entradas relacionadas: