O galego no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,52 KB

O galego no primeiro terzo do século XX

Nas primeiras décadas do século XX, produciuse un proceso de recuperación e expansión da lingua galega.
As Irmandades da Fala (1916), por iniciativa de Antón Vilar Ponte, tiñan como obxectivo principal a dignificación e normalización da lingua galega en todos os niveis. No seo das Irmandades xorden o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que continuarán a tarefa de difusión e reivindicación do idioma. Escríbense as primeiras obras de ensaio.
En 1936 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia (que non chegou a entrar en vigor) que defende a cooficialidade do galego. Vaise consolidando o proceso de normalización do idioma e vai mellorando a súa consideración social. A defensa da lingua supuxo a necesidade de elaborar un modelo de lingua estándar. En 1906 créase a Real Academia Galega (RAG).

A literatura no tempo das Irmandades

Producíronse importantes cambios sociais e culturais:
  • Movemento agrario ou agrarismo: movemento reivindicativo do campesiñado que se organiza e crea sociedades agrarias e sindicatos agrícolas para defender os seus intereses. Obxectivo principal: abolición do sistema foral que os obrigaba a pagar rendas abusivas. Destacou a sociedade Acción Gallega, fundada en 1910 por Basilio Álvarez.
  • A decadencia da fidalguía: debido á desaparición do sistema foral, que supón a perda da súa principal fonte de ingresos, e á incapacidade de se adaptar aos cambios da Revolución Industrial. Perderon o seu papel predominante na sociedade.
  • Nacemento dunha burguesía: dedicada fundamentalmente ao comercio, á banca, á industria conserveira e á construción naval.
  • O transvasamento da poboación rural a espazos urbanos, cambiando a agricultura e a pesca pola industria, o comercio e o sector servizos, o que supuxo o desenvolvemento das cidades.
  • A creación das Irmandades da Fala en 1916 por Antón Vilar Ponte. O seu obxectivo principal era a exaltación e dignificación do idioma galego e a expansión do seu uso. En 1918 convértese nunha organización política que formulará as teses do nacionalismo galego.
  • En 1931, na última asemblea das Irmandades, fúndase o Partido Galeguista. En 1932 elabórase o Estatuto de Autonomía, pero o comezo da guerra impediu que fose ratificado.

Entradas relacionadas: