O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Sociolingüística e Galeguismo

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,01 KB

Sociolingüística

O Galego e a Súa Historia: Primeiro Terzo do Século XX

A comezos do século XX, Galicia seguía sendo eminentemente rural, cunha sociedade formada na súa maioría por campesiños e mariñeiros. Neste primeiro terzo do século XX, comezábase a albiscar cambios, como o agrarismo. A vella fidalguía entra en decadencia e a burguesía que fala castelán crece. En tres décadas, a poboación urbana medra, pero segue a ser moi escasa. O castelán só se emprega nas cidades e nalgunhas vilas. Polo tanto, o galego era a lingua maioritaria, pero o castelán era a dominante, xa que as clases altas adoptaran esa lingua.

O galego era a lingua ligada ás clases baixas e iletradas da sociedade e estaba marxinada da escrita e da cultura. Os seus propios falantes eran conscientes desta situación de subordinación. E co obxectivo de superar estes prexuízos, xorden no primeiro terzo do século XX organismos e agrupacións que resultan de gran relevancia cultural e política para Galicia e a súa lingua:

  • As Irmandades da Fala (creadas en 1916)
  • O Grupo Nós (catro anos máis tarde)
  • O Seminario de Estudos Galegos (tres anos despois)

Os intelectuais comprometidos con estes grupos esforzáronse en dotar a lingua dun rexistro formal e científico e convertela así en idioma de cultura. Levaron a cabo un verdadeiro papel normalizador e asumiron desde o principio o papel de minoría intelectual.

As Irmandades da Fala

Coa creación deste grupo, o galeguismo entra noutra fase. Os membros das Irmandades deciden promover a creación dun organismo que asumise a defensa activa e práctica da lingua galega. O uso do galego reservábase á literatura, sobre todo en verso. E os membros das Irmandades consideran que Galicia ten unha personalidade e que a lingua é a súa máis alta manifestación. Ademais, pretenden superar o tópico de que Galicia é inferior a outras rexións españolas. E así sentan as bases do nacionalismo galego, con figuras como Antón Vilar Ponte e Vicente Risco.

A Xeración Nós

A Xeración Nós, ou tamén coñecida como Cenáculo Ourensán, funda en 1920 a revista Nós co propósito de europeizar e continentalizar a cultura galega. Son Risco e Castelao (máis como artístico) os seus directores, e os seus membros son Pedrayo, Cuevillas e Losada. Optaron por un labor máis cultural que político.

O Seminario de Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923, chegou a contar con moitas seccións como Xeografía, Artes e Letras, Historia, etc. A gran maioría dos traballos de investigación publícanse nas revistas Nós e A Nosa Terra.

Editoriais e Medios de Comunicación

A principal editorial daqueles anos foi Nós, dirixida por Casal. Ademais das publicacións periódicas, publica toda a obra anterior a 1936 da Xeración Nós. Tamén relevantes para o galeguismo outras dúas editoriais como Céltiga e Lar. Por último, no que respecta aos medios de comunicación, o galego non era importante.

Contexto Político e Logros

Durante este período, todas as forzas do galeguismo se dirixiron ao labor cultural, xa que a liña política quedara reprimida pola ditadura. En 1931, créase o Partido Galeguista, que se centra en lograr a aprobación dun estatuto de autonomía para Galicia, o que se acada o 28 de xuño do 36. Un dos seus obxectivos fundamentais era a galeguización do ensino e a cooficialidade do galego-castelán.

En resumo, a nivel cultural o galego amplía os seus ámbitos de uso, acadando o rango de lingua de cultura e, en consecuencia, aumentando o seu prestixio. A nivel político, a aprobación do Estatuto do 36 supón o triunfo do nacionalismo.

O Papel do Ensino

No primeiro terzo do século XX, o único idioma do ensino recoñecido oficialmente era o castelán.

Entradas relacionadas: