Galego protoestandar
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,02 KB
TEMA 5. O galego de 1936 a 1975: características Lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
A Guerra Civil terá negativas consecuencias para a lingua e A cultura galega. Algúns dos máis destacados galeguistas pagárano coa vida (Ánxel Casal), outros con expedientes (Otero Pedrayo) ou cárcere (Carballo Calero) e os máis afortunados co exilio (Castelao).
Todo o esplendor anterior queda Reducido ao silencio. O galego Convértese nunha lingua inferior, que só se utiliza coa familia ou cos amigos, Aínda que non estea legalmente prohibida. O castelán será a única lingua real e oficial para a Administración, a Igrexa, a escola... Durante os primeiros anos da ditadura son os intelectuais Do exilio americano os que manteñen Viva a cultura galega creando editoriais, revistas, programas de radio... A Capital da cultura galega é agora Bos Aires con figuras como Castelao, Rafael Dieste, Blanco Amor...
A recuperación cultural no interior iníciase ben avanzada a década Dos 40: publicación de Cómaros Verdes no 1947, pero será en 1950 cando un grupo de intelectuais (Ramón Piñeiro, Fernández del Riego, Otero Pedrayo) funde a editorial Galaxia Que terá unha importancia capital para a recuperación da nosa cultura. Nela Publicarán os seus libros Fole, Cunqueiro , Méndez Ferrín e Carlos Casares.
Na Década dos 60 Xorden os partidos nacionalistas, créanse asociacións que loitan polo noso Idioma e cultura, e comeza a haber unha certa Tolerancia desde a esfera oficial (*1963: celebración do Día das Letras Galegas, *1965: a lingua e a literatura galegas entran no plan de estudos da USC. *1971 Aparición do ILGA).
A desgaleguización social avanza rápidamente debido a que a partir dos anos 60 aumenta o éxodo do Campo á cidade, que conleva un aumento de castelanización por imitación das Clases altas ou medias; o ensino, desenvólvese En castelán; a Igrexa, utiliza o castelán cando abandone o Latín; os medios de comunicación en castelán.
Malia todos os atrancos, o galego segue sendo, No 1975, a lingua maioritaria do país. No camiño de busca dunha norma culta, Dámoslle a este período o nome de protoestándar: Aumenta a conciencia da súa necesidade e aínda que non se consegue, podemos Caracterizalo polo desexo de simplificación ortográfica (eliminación de guións E apóstrofos) e de depuración léxica (rexeitamento de castelanismos, incorporación De neoloxismos...)