O galego en vías de normalización: retos e accións

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,57 KB

O galego: lingua en vías de normalización

Linguas minorizadas e linguas minoritarias

Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, unha delas (a dominante) vai ocupando os ámbitos da outra (a dominada) e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada chámaselle lingua minorizada e emprégase nos ámbitos socioculturais máis baixos e desprezase nos máis elevados, dos que foi desprazada pola lingua dominante.

O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico e nada ten que ver co de lingua minoritaria, que é só cuantitativo. Pode suceder que unha lingua minorizada sexa a maioritariamente falada na comunidade lingüística, ou pode que non.

O actual marco legal (Constitución de 1978, Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística e Plan Xeral de Normalización Lingüística) sienta as bases que poden conducir á recuperación e á normalización da lingua, mais cómpre a intervención de algúns sectores sociais:

Accións para a normalización

  1. Acción institucional do poder político.

    Levada a cabo polas administracións públicas de Galicia (Xunta, concellos e deputacións), constitúen elementos indispensables no proceso de normalización.

  2. Acción colectiva non institucional.

    Exercida por asociacións e colectivos (Nova Escola Galega, Asociación de Funcionarios da Administración Pública, Mesa pola Normalización Lingüística...), xoga un papel importante na recuperación lingüística fronte aos esquecementos dos integrantes do grupo anterior.

  3. Acción individual.

    Supón un esforzo persoal e consciente para romper hábitos e condutas de desleixo cara á situación social do idioma. Esta acción resulta insuficiente sen o apoio dos grupos anteriores.

Para conseguir o éxito destas accións, é necesario un proceso de dinamización co obxecto de favorecer comportamentos positivos cara ao idioma, implicando activamente a colectivos e individuos e concienciando aos axentes sociais.

O proceso está agora nun momento decisivo, no que o galego dispón de armas: oficialidade, mellora na consideración social, presenza no ensino e na cultura. Pero nunca o perigo de substitución foi tan claro: importante ausencia de transmisión xeracional, presenza mínima nos medios de comunicación, escaso éxito da política lingüística...

Entradas relacionadas: