Galicia: Autonomía, Institucións e Símbolos
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,18 KB
Estatuto de Autonomía
O Estatuto de Autonomía é a norma institucional básica dunha comunidade autónoma ou cidade autónoma.
Organización Territorial de España
España é un Estado unitario rexional, que se divide en 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas, Ceuta e Melilla. Cada comunidade autónoma está formada por unha ou varias provincias, ata un total de 50 en España. Á súa vez, cada provincia está dividida nun número de municipios; en toda España hai 8.1183.
Constitución Española
A Constitución Española de 1978 é a norma suprema do ordenamento xurídico español, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns de España.
Estatuto de Autonomía de Galicia
É a norma institucional básica de Galicia. No marco da Constitución Española de 1978, o Estatuto de Galicia recoñece a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Di que os poderes nos que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.
Galicia
Os nomes de Galicia e Galiza derivan da palabra latina Gallaecia, que significaba literalmente "terra dos galaicos".
Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo presidente, o vicepresidente e os conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías.
Tribunal Superior de Xustiza
É o órgano que culmina a estrutura da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma. Con sede na cidade da Coruña, exerce xurisdición a través de tres salas: Sala do Civil e Penal, Sala do Contencioso-Administrativo e Sala do Social. Ademais, a súa Sala de Goberno desempeña funcións gobernamentais sobre a xudicatura galega.
Valedor do Pobo
É o comisionado ou comisionada do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades dos galegos, de acordo co establecido no título I da Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.
Consello Consultivo de Galicia
É o supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e actúa con independencia respecto de calquera outro órgano. Os seus membros non están ligados por ningún mandato imperativo.
Consello da Cultura Galega
É unha institución asesora e representativa da cultura galega. A súa función é a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.
Símbolos de Galicia
O escudo
Aparece descrito na Lei 5/1984. Ten unha coroa na parte superior, sete cruces e unha hostia enriba dunha copa.
A bandeira
É branca cunha banda de cor azul celeste, dun ancho equivalente á cuarta parte da bandeira, que a atravesa desde a parte superior ata a parte inferior.
O himno
O título oficial é Os Pinos. Compúxoo Eduardo Pondal e a música foi composta por Pascual Veiga.