A Galicia Contemporánea: Un Percorrido Histórico
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,59 KB
A Galicia Contemporánea (de 1975 a hoxe)
Os cambios desde 1975
Coa morte do ditador Francisco Franco (1975) apróbase a Constitución española de 1978. A instauración do réxime democrático tivo, entre outras, estas consecuencias:
- A liberdade de centos de presos políticos da ditadura.
- A legalización de partidos políticos e sindicatos.
- O regreso de boa parte dos exiliados.
- A convocatoria de eleccións para escoller os representantes nas institucións.
- A descentralización das institucións do Estado e o xurdimento das administracións autonómicas.
Co tempo continuou a destrución do mundo rural e o crecemento das cidades, cunha economía orientada ao sector servizos. Incorporación das mulleres ao traballo, informatización da sociedade coa aparición de internet e auxe das telecomunicacións.
Un novo marco político para Galicia
Entre 1978 e 1980 Galicia sitúase nun novo espazo político de liberdades democráticas á par de vascos e cataláns. O 21 de decembro de 1980 o pobo galego aproba o Estatuto de Autonomía no marco da nova Constitución española. Nel defínese Galicia como nacionalidade histórica e a lingua galega como “a lingua propia de Galicia”, oficial a todos os efectos do Estado. Por primeira vez o galego aparece nas aulas, usado por unha clase política, nos medios de comunicación...
O inicio da normalización do galego
A aprobación da Lei de normalización lingüística, no ano 1983, serviu para que se fixesen oficiais algunhas das medidas imprescindibles para que o galego deixase de ocupar a posición na que estivera relegado, e ser a lingua habitual da maioría da poboación. Por primeira vez, unha xeración de cidadáns galegos comezaba a ter unha certa escolarización na lingua do país. Isto xunto coa maior presenza da lingua fixo que houbese un crecente número de lectores de literatura galega, tamén na música, o teatro ou o cine.
Auxe e declive cultural
Creáronse novas editoriais (Xerais, Sotelo Blanco, Ir Indo, A Nosa Terra,...) e as xa existentes (Galaxia, O Castro,...) aumentaron a súa produción. Apareceron novos autores. A cultura galega viviu dende 1975 unhas décadas de progresiva normalización do sistema cultural. As novidades lexislativas introducidas dende 2010 e a implantación dun discurso de secundarización da lingua galega supuxeron un retroceso no seu uso público. Isto, xunto coa redución do apoio da Xunta á produción cultural galega, provocou o peche de xornais, editoriais, teatros,..., producindo un intenso retroceso.