Gallego 8

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,05 KB

A narrativa galega caracterizase por un aumento considerable na nomina de escritores novos. A falta de afastamento cronoloxico fai moi complexa a nalise de toda a producción literaria e da sua relevancia . A narrativa finiscular vaise caracterizar pola convivencia de duas tendencias, unha moi relacionada co tipo de literatura que se fai hoxe, a literatura coñecida como literatura de quiosco. A outra esta moi relacionada coa nosa tradición narrativa xa que recolle dela as influencias, a literatura autoctona. A literatura de quiosco vai ter un oco importante dentro da nosa, e unha literatura axil e sen grandes pretensions esteticas. Adscribense dentro desta literatura o xenero policial, corrupción e morte de Brigitte Bardot, Ambulancia, Crime en Compostela, a ficcion cientifica, Reportaxe cosmica, Soños electricos, a novela do oeste que inagura Fernandez Ferreiro con A morte de Frank Gonzalez, ou a novela erotica con Aventura en Nassau de Bieito Iglesias. Na narrativa autoctona o abano de xeneros e mais amplo. Son moitas e variadas as liñas que representan a continuidade, realista, historica, aventuras, feminina, intimista, Asturica, misterio-terror, humoristica, guerra civil, cunqueirismo e experimentalista. A novela realista ten moito éxito dentro da narrativa galega actual e son moitas as obras que se dedican a retratar a realidade do momento. E o caso de Morrer en Castrelo de Miño ou Panificadora, que reproducen os problemas dos econors e os conflictos laborais. Unha das liñas tematicas de maior fecundidade nesta etapa vai a ser a novela historica. Moitos dos autores mais destacados van escribir novelas de carácter historico como Freixanes, O triangulo inscrito na circunferencia, Alfredo Conde, Xa vai o Grifon no vento, Dario Cabana, Morte de rei, Xabier Alcala, Alen da desventura. Forman parte das novelas que fan referencia a guerra civil as novelas de Fernandez Ferreiro, Agosto do 36, Xavier Alcala, Fabula, Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro. Unha tendencia moi pouco cultivada e o xenero de aventuras que durante os finais do seculo pasado comenza a ter unha maior presenza con obras como Carcere verde, de Alcala ou Morning Star de Miranda. Podemos falar na narrativa duna tematica exclusivamente femenina. Nesta tematica encaixaran obras como Contra morte e amor, de Marina Mayoral, Amantia de Maria Queizan, Violeta de Margarita Ledo. Certa relacion coa tematica anterior ten a novela intimista, todas aquelas obras que xiran arredos dos sentimentos e as inquedanzas dos personaxes. E o caso das novelas de Xose Carlos Caneiro, O infortunio da soidade. Podemos incluir tamen nesta tematica as obras de Fernandez Ferreiro, A ceo aberto, de Xabier Alcala, A nosa cinza, Alfredo Conde, Breixo, ou Martinez Oca, A fuxida.

Gozan de certa presenza na narrativa actual galega outras liñas tematicas como a arturica, herdeira da vella tradición medieval. O xenero de misterio-terror ten tamen a sua presenza no panorama literario galego en obras como a de Suso de Toro, Trece badaladas, Gargola de Vila Sexto, Cartas de inverno. O humor e unha constante en moitas narracions do seculo XX, sobre todo como formula para fuxir dunha realidade traumatica e cruel. Antecedentes desta liña son as obras de Castelao ou as de Vicente Risco. A pegada de obras como Escola de menciñeiros ou Xente de aquí e acola atopamos narradors moi novos como e o caso de Roque Cameselle e a su abra O pausitas e outros relatos. Finalmente, a narrativa experimental ten o seu oco a partir da publicación da obra de Suso de Toro, Caixon desastre, e ten a sua continuidade oas obras de Cid Cabido e de Jaureguizar. Caracterizase pola apertura a novo sambitos tematicos e tecnicos a marxe dos tradicionais. Dentro desta nova tendencia poderiamos incluir o que coñecemos como literatura bravu, un novo xeito de interpretar e vivir a realidade dende Galicia e ao xeito dos Galegos. Nos ultimos anos da decada dos 70 un grupo de escritores coñecidos co nome da Xeracion do cambio vaille dar un novo pulo a novelistica galega e van consolidar o proceso iniciado polos homes da Nova Narrativa. E o caso de Fernandez Ferreiro, Alfredo Conde ou Xabier Alcala. No primeiro destaca como un dos autores que explora mais liñas tematicas e do mais divergentes, e autor da primeira novela do oeste galega, A morte de Frabk Gonzalez. Alfredo Conde dase a coñecer con obras como Breixo, destaca entre a sua producción a obra Xa vai o Griffin no vento coa que Amadou o premio Nadal. O terceiro dos autores dase a coñecer no panorama literario galego cunha obra que ofrece unha vision retrospectiva da infancia e mocidade da sua xeracion, A nosa cinza. A decada dos 80 deixa paso a unha xeracion de novos escritores coñecidos como Xeracion dos ostenta. Alguns acadan un papel moi importante no panorama literario galego como e o caso de Manuel Rivas ou Suso de Toro. Este caracterizase por cultivar o que se coñece como realismo feista, no canto de facer un relato bucolico e positivo da sociedade dedicase a retratar a parte mais escura nas suas obras Polaroid e Land Rover. Rivas autor de varios libros de relatos, Un millon de vacas, e de obras narrativas como Todo ben ou O lapis. Aparte destacan Martinez Oca que explora a psicoloxia do ser humano sempre en obras como A fuxida. Freixanes autor de tres obras de carácter historico. A derradeira decada de seculo supon a incorporación ao panorama literario de autores como Caneiro, un dos novos valores da nosa narrativa que Amadou dous dos premios mais importantes de Galicia, o blanco amor e o eixo atlantico coa obra Ebora. Tamen forman aprte da xeracion dos noventa narradores como Ramon Caride, Soños electricos, ou Marilar Alexandre.

Entradas relacionadas: