Geografía e cartografía: conceptos básicos e definicións

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,35 KB

Geografía

Ciencia que estuda e describe a superficie da Terra no seu aspecto físico, actual e natural, ou como lugar habitado pola humanidade.

Cartografía

Técnica de trazar mapas ou cartas xeográficas.

Mapa

Representación xeográfica da Terra, ou de parte dela, sobre unha superficie plana, de acordo cunha escala.

Latitud xeográfica

Distancia angular entre a liña ecuatorial e un punto determinado da Terra.

Longitud xeográfica

Distancia dun punto da Terra contada desde un primeiro meridiano ata o meridiano de Greenwich.

Paralelo

Líneas imaginarias circulares que se utilizan nas coordenadas xeográficas para determinar a latitud dun lugar.

Meridiano

Círculos máximos da esfera terrestre que pasan polos polos.

Paisaxe

Aspecto que adquire o espazo xeográfico.

Cuenca sedimentaria

Depresión da corteza terrestre formada pola actividade tectónica das placas, na que se acumulan sedimentos.

Delta

Terreo que se atopa entre os brazos dun río na súa desembocadura.

Estuario

Desembocadura, no mar, dun río amplo e profundo, que intercambia con esta auga salgada e auga doce debido ás mareas.

Modelado kárstico

Conxunto de accións e procesos de modelado condicionados pola presenza de rochas carbonatadas.

Páramo

Terreo chán xeralmente elevado.

Penillanura

Meseta orixinada pola erosión dunha rexión montañosa, que está suavemente inclinada cara ao mar.

Relieve apalachense

Relieve formado sobre rochas sedimentarias plegadas, bastante antigo e, por iso, moi erosionado.

Ría

Penetración que forma o mar na costa pola desembocadura dun río debido ao afundimento dunha parte do litoral.

Zócalo

Masa relativamente ríxida de rochas máficas e metamórficas que na corteza continental xace baixo da cobertera.

Unión Europea

BCE: Banco Central dos países da Unión Europea que teñen o euro como moeda.

Comisión Europea: Órgano executivo e de iniciativa lexislativa sobre o Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea.

Consejo Europeo: Unha das sete altas Institucións da Unión Europea, integrada polos vinteoito xefes de Estado ou de Goberno dos Estados membros, o Presidente da Comisión Europea e o presidente do Consello Europeo, que é quen preside as reunións.

Desenvolvemento Sostible: Desenvolvemento que satisface as necesidades da xeración presente, sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas propias necesidades.

Diputación Provincial: Institución á que corresponde, con este ou outro nome, desde 1836, o órgano de goberno e a administración de algunhas das provincias.

Estatutos de Autonomía: Norma institucional básica dunha comunidade autónoma ou cidade autónoma de España.

FEDER: Instrumento financeiro da Comisión Europea cuxa finalidade é fortalecer a cohesión económica e social na Unión Europea corrixindo os desequilibrios entre as súas rexións.

FEADER: Instrumento de financiamento da política de desenvolvemento rural.

FMI: Traballa para promover a cooperación monetaria mundial, asegurar a estabilidade financeira, facilitar o comercio internacional, promover un alto nivel de emprego e crecemento económico sustentable e reducir a pobreza.

FSE: Principal instrumento financeiro da Unión Europea (UE) para fomentar o emprego nos Estados membros e promover unha maior cohesión económica e social.

Municipio: División territorial administrativa na que se organiza un estado, que está rexida por un concello.

OMC: Organismo internacional que se ocupa das normas que rexen o comercio entre os países.

OTAN: Organización internacional política e militar.

PAC: Representa unha asociación entre a agricultura e a sociedade, entre Europa e os agricultores.

Parlamento Europeo: Órgano lexislativo da UE.

Tratado de Maastricht: Xunto ao Tratado de Funcionamento da Unión Europea, un dos tratados fundacionais da Unión Europea.

Entradas relacionadas: