Glosario de Termos de Arte e Arquitectura Clásica

Clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,39 KB

Glosario de Termos Artísticos e Arquitectónicos

Termos de Arte e Arquitectura (A-B)

Altorrelevo

Relevo que sobresae máis da metade do vulto escultórico.

Ábaco

Peza con forma de prisma cuadrangular colocada sobre o equino que remata o capitel nas ordes clásicas.

Aparello Almofadado

O aparello é a maneira de dispoñer os elementos empregados na construción dun muro. De ser almofadado, é un aparello de perpiaño coas xuntas refundidas ou biseladas. Empregado no Renacemento e en Roma.

Aparello de Mampostería

Aparello de pedra sen labrar ou de labra ruda que se dispón dun modo irregular.

Aparello de Sillería

Aparello de perpiaños feitos con pedra labrada paralelepipédicamente rectangular.

Arco Formeiro

Paralelo ao eixo lonxitudinal da nave e permite o paso entre as naves. Non suxeita as bóvedas.

Arquitrabe

Parte baixa do entaboamento que se apoia directamente sobre a columna.

Baixorrelevo

Relevo que sobresae do fondo menos da metade do vulto.

Basa

Parte inferior dunha columna sobre a que repousa o fuste.

Termos de Arte e Arquitectura (C)

Canecillo

Modillóns ou repisas nas que se apoian os saíntes dunha cornixa ou tellado. Por extensión, ménsulas que sobresaen dun plano e serven para soster algún beirado.

Canon

Regra das proporcións humanas conforme ao tipo ideal. Tamén se pode aplicar en arquitectura en canto ás relacións harmónicas entre as distintas partes da obra.

Capitel

Elemento colocado sobre o fuste da columna que sostén directamente o arco, arquitrabe, etc. Adoita estar decorado e adoptar moitas formas.

Contraposto

Oposición das distintas partes do corpo humano, especialmente cando algunhas delas se atopan en movemento ou tensión estando as súas simétricas en repouso.

Cor Plana

Aquela cor que non ten gradación.

Cor Primaria

Son as cores fundamentais ou simples. Tendo en conta a clasificación tradicional, son:

  • Vermello
  • Amarelo
  • Azul

Cor Secundaria

Son as formadas pola mestura de dúas cores primarias:

  • Laranxa
  • Verde
  • Violeta

Cor Cálida

Son as que expanden a luz e producen unha impresión saínte. Gama de vermellos e amarelos.

Cor Fría

Son as que absorben a luz e producen unha impresión entrante ou distante (lonxana). Son a gama de azuis, verdes e violetas.

Curva Praxiteliana

O contraposto adquire na obra de Praxíteles un novo valor ao que se lle o nome de curva praxiteliana. Caracterízase polo uso de formas curvas moi suavizadas que dan un aspecto de S, marcándoo especialmente na cadeira tanto feminina coma masculina.

Termos de Arte e Arquitectura (E-F)

Escultura de Vulto Redondo ou Exenta

Aquela escultura que podemos rodear e que se atópa tallada en todos os seus lados.

Estilo

Conxunto de trazos orixinais e persistentes nun artista, época, escola ou zona xeográfica que permiten identificar as obras como feitas por eles.

Friso

En estrito sentido, é o espazo comprendido entre o arquitrabe e a cornixa nas ordes gregas clásicas. Tamén se aplica a unha faixa decorativa de desenvolvemento horizontal.

Fuste

Parte dunha columna situada entre o capitel e a base.

Termos de Arte e Arquitectura (L-M)

Liña Serpentinata

Propia do manierismo italiano. Caracterízase polo movemento xiratorio das cadeiras, ombros e cabeza.

Metopa

Espazo entre triglifos na orde dórica. Xeralmente é cadrada e está tallada.

Termos de Arte e Arquitectura (O-P)

Orde Corintia

Caracterízase polo capitel formado por follas de acanto. O resto dos elementos é como na orde xónica, aínda que as súas proporcións son algo máis altas.

Pilastra

Pilar adosado con basa e capitel.

Policromía

Feito con máis de dúas cores.

Termos de Arte e Arquitectura (T-V)

Técnica dos Panos Mollados

En escultura, é a maneira de representar aos personaxes vestidos coas roupaxes pegadas ao corpo coma se estivesen mollados, de tal xeito que desvelen as formas corporais.

Torso

Representación humana que carece de brazos e pernas. Tamén pode ser un tronco humano con cabeza.

Triglfo

Colócase no friso da orde dórica grega. A súa fronte presenta dúas acanaladuras ou glifos e dúas medias acanaladuras á esquerda e á dereita. Na base do triglifo e xa sobre o arquitrabe ten unha régula con seis gotas. Na parte superior tamén ten unha régula coas seis gotas.

Volutas

Curvas espirais cun centro onde destaca un pequeno disco ou ollo chamado óculus. Úsanse nos capiteis da orde xónica.

Entradas relacionadas: