Glosario de Termos do Circo, Teatro e Narrativa

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,09 KB

Termos do Circo

  • Malabarista: Persoa moi destra en lanzar ao aire diferentes obxectos e mantelos en movemento todos á vez.
  • Funámbulo: Persoa que fai equilibrios sobre unha corda.
  • Animador: Persoa que anima e presenta o espectáculo.
  • Equilibrista: Persoa que fai exercicios consistentes en manter o equilibrio.
  • Domador: Persoa que manexa feras salvaxes no circo.
  • Acróbata: Persoa que realiza saltos e equilibrios no aire.
  • Trapecista: Persoa que fai saltos e equilibrios sobre unha barra horizontal pendurada de dúas cordas.

Termos do Teatro

  • Anfiteatro: Conxunto de asentos colocados polo xeral en bancadas semicirculares.
  • Compañía: Grupo de actores que representan habitualmente xuntos unha obra.
  • Escenógrafo: Persoa que realiza decoracións escénicas.
  • Acto: Cada unha das partes principais dunha obra teatral, separadas entre si por un intervalo.
  • Realizador: Persoa que organiza a realización escénica dunha obra teatral.
  • Ensaio: Realización como proba de certa actividade antes de executala en público.
  • Montaxe: Posta en escena; é dicir, axuste de todos os elementos accesorios da representación.
  • Luminotecnia: Arte e técnica da iluminación artificial con fins artísticos ou funcionais.
  • Elenco: Conxunto de actores que representan unha determinada obra.
  • Figurino: Debuxo a pequena escala dos traxes dunha obra de teatro.
  • Entremés: Obra curta e humorística que, no século XVII, se representaba no medio de obras longas.
  • Marioneta: Espectáculo teatral representado por monicreques.
  • Pantomima: Espectáculo teatral mudo.
  • Traxedia: Obra que trata un suceso grave e triste.
  • Comedia: Obra cómica e pouco seria.

Tipos de Narrador

  • Omnisciente: Sabe e fala de todo o que sucede, o que pensan os personaxes, etc.
  • Observador: Só sabe e fala do que se pode apreciar a simple vista.
  • Eu-protagonista: Narra sucesos que lle ocorren a el mesmo e dos que é protagonista.
  • Eu-testemuña: Narra sucesos que teñen relación con el mesmo, pero non lle afectan directamente.
  • En 2ª persoa: Narra os sucesos mediante un diálogo con outra persoa ou con el mesmo.

Exemplos de Pronombre Átono

Lista de exemplos de combinacións de pronomes átonos en galego:

  • Déixolla
  • Quentábaa
  • Para quentarlla
  • Púxollos
  • Botoulla
  • Lla
  • Devolver
  • Mobilizoullos
  • Presentarllas
  • Prometéronolas
  • Subtitularllas
  • Muxinllas
  • Llelas

Entradas relacionadas: