Glosario de termos demográficos e urbanísticos

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,22 KB

Conceptos clave: Demografía e Urbanismo

  • Rexistro Civil: Organismo oficial existente nas casas do concello, onde se inscriben os nacementos, defuncións e matrimonios ocorridos nese municipio.
  • Transición demográfica: Paso dun réxime demográfico antigo, caracterizado polas elevadas taxas de natalidade e mortalidade, a un moderno, con taxas de natalidade e mortalidade baixas.
  • Taxa de nupcialidade: É o número de matrimonios que se producen por cada mil habitantes nun ano determinado.
  • Taxa de Fecundidade: Cociente entre o número de nacementos e o número de mulleres en idade fértil (15-49 anos).
  • Taxa de mortalidade infantil: É o número de nenos menores de 1 ano que falece por cada 1000 nados vivos durante un ano.
  • Taxa de actividade feminina: Porcentaxe de mulleres en idade de traballar que desenvolven ou buscan unha actividade remunerada.
  • Poboación ocupada: Parte da poboación activa dun país que ten traballo.
  • Poboación en paro: Parte da poboación activa que non atopa traballo.
  • Trazado hipodámico: Tipo de plano urbano procedente da antigüidade clásica. Consiste en que as rúas se cortan en ángulo recto ou taboleiro de damas.
  • Cidade xardín: Área residencial suburbana, planeada, a fins do século XIX, polo urbanista inglés Ebenezer Howard (Trazado de rúas flanqueadas por vivendas).
  • O plan Cerdá para o ensanche de Barcelona: Ildefonso Cerdá foi un urbanista e político catalán do século XIX. Deseñou un plan para o desenvolvemento de Barcelona, baseado nun tecido de rúas en cuadrícula, que formaban rueiros cuadrangulares, con amplos espazos axardinados no seu interior. Co tempo, estes rueiros perderon gran parte destes espazos verdes, densificándose a construción. A pegada do plan Cerdá aínda pode verse (Ensanche de Barcelona).
  • A cidade Lineal Arturo Soria: Unha variante das cidades xardín anglosaxoas é a cidade lineal de Madrid, do arquitecto español Arturo Soria. O seu proxecto pretendía solucionar os problemas de transporte, amoreamento e falta de hixiene que afectaban ás cidades (Ampla colonia de vivendas, moi alongada que se articulaba ao redor dunha ancha rúa central, flanqueada de árbores e percorrida por tranvías).
  • Tecido urbano: Estrutura que forman a trama de rúas e vías de comunicación, xunto con espazos destinados a outros usos, como o industrial.
  • Sistema urbano: Conxunto de cidades pertencentes a un mesmo ámbito territorial (Rexión...).

Entradas relacionadas: