Glosario de termos diversos

Clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,61 KB

A

Acedo: Sabor semellante ao limón.

Aerólito: Meteorito formado por material rochoso.

Aeróstato: Aparello que se sostén na atmosfera por conter un gas máis lixeiro ca o aire.

Albumina: Proteína natural simple, transporta ácidos graxos e outras substancias.

Alfil: Peza do xogo de xadrez que se move diagonalmente sobre o taboleiro.

Alumina: Óxido/hidróxido de aluminio.

Alvéolo: Pequena cavidade/burato.

Amálgama: Mestura de persoas ou cousas de distinta natureza.

Anémona: Planta herbácea da familia das ranunculáceas.

Anódino: Non ten importancia, carece de graza/interese.

Arquidiocese: Territorio eclesiástico que está baixo a xurisdición dun arcebispo.

Auréola: Círculo dourado, arrodea a cabeza de Xesucristo.

Biótipo: Conxunto de caracteres constitucionais dun individuo.

Bérber: Relativo ou pertencente a un pobo.

C

Cepelín: Dirixible ríxido de invención alemá.

Ciclope: Xigante da mitoloxía grega, tiña un único ollo.

Conclave: Asemblea que os cardeais celebran para a elección dun novo papa.

Coéngo: Clérigo que ten un determinado cargo eclesiástico dentro do corpo.

Cuadriga: Carro tirado por catro cabalos, era usado en competicións deportivas.

Cárter: Cuberta ríxida que protexe engranaxes e outras pezas.

Cénit: Punto da esfera celeste, oposto ao nadir.

D

Diocese: Territorio eclesiástico sobre o que ten xurisdición un bispo.

Dínamo: Xerador eléctrico que transforma enerxía mecánica en enerxía eléctrica.

Díodo: Dispositivo electrónico formado por dous eléctrodos, un ánodo e un cátodo, que deixa pasar a corrente eléctrica nunha soa dirección.

E

Elexíaco: Relativo/pertencente á elexía.

Elite: Conxunto de persoas máis notables dunha colectividade.

Epiglote: Lámina cartilaxinosa que pecha a glote durante a deglutición.

Esexese: Explicación filolóxica dun texto difícil.

F

Fotólito: Clixé fotográfico que reproduce o orixinal sobre unha película ou outro soporte transparente.

G

Gladíolo: Planta ornamental da familia das iridáceas de follas longas e aguzadas en forma de espada.

H

Hemiplexía: Parálise dunha metade do corpo.

Hipocondríaco: Relativo/pertencente á hipocondría.

I

Ibero: Relativo/pertencente ao pobo que ocupaba a zona meridional e leste da Península Ibérica e o sur de Francia.

L

Libido: Desexo sexual instintivo.

Lígur: Da Liguria.

M

Medula: Substancia branda e graxa que se atopa no interior dos ósos.

Megálito: Monumento prehistórico construído con pedras de gran tamaño.

Melifluo: Que ten mel ou que é parecido a el nalgunha das súas propiedades.

Mísil: Foguete armado con cargas explosivas.

N

Nucléolo: Corpúsculo esférico denso, que se sitúa no interior do núcleo.

O

Omoplata: Situados a ambos os lados das costas, na parte posterior dos ombros.

Osmose: Fenómeno no que, entre dúas solucións de distinta densidade separadas por unha membrana semipermeable, se produce o paso do disolvente dunha delas, ou das dúas, a través da membrana.

P

Paraplexía: Parálise dos dous membros inferiores.

Parasito: Organismo que vive á custa doutro organismo de distinta especie ao que ocasiona un prexuízo máis ou menos grave.

Pebida: Semente de diversos froitos, como a da pera.

Pecíolo: Prolongación que une o limbo da folla ao talo ou á póla.

Pentecoste: Festa xudía, que se celebra sete semanas despois do segundo día de Pascua, e na que se conmemora a entrega das Táboas da Lei a Moisés.

Pexego: Froito arredondado que ten a pel aveludada, de cor amarela tirando a vermella.

Entradas relacionadas: