Glosario de termos de economía e xeografía
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,83 KB
Economía
Balanza comercial
É un rexistro dos pagos e as cobranzas resultado do comercio de mercadorías. O saldo da balanza comercial é o resultado de restar as importacións ás exportacións realizadas por un país, podéndose reflectir superávit ou déficit.
Ex: A balanza comercial en España é negativa, aínda que nos últimos anos mellorou.
Economía somerxida
Conxunto de actividades económicas que se desenvolven de maneira subrepticia e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais.
Ex: O traballo doméstico non declarado.
Ecoturismo
É a actividade turística que se desenvolve sen alterar o equilibrio do medio ambiente e evitando os danos á natureza. Trátase dunha tendencia que busca compatibilizar a industria turística coa ecoloxía.
Ex: Parque Nacional Illas Atlánticas en Galicia.
Franquía
Tipo de comercio onde unha empresa (franqueadora) cede a outras (franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de certo prestixio a cambio do pago dunha cantidade anual e de impoñer determinadas condicións.
Ex: McDonald's.
Taxas aeroportuarias
Tarifa que pagan as compañías aéreas polo uso de determinados servizos e equipos aeroportuarios como pistas, pasarelas de embarque e desembarque, operacións de carga e descarga de mercadorías, estacionamento de aeronaves.
Ex: As compañías aéreas inclúen nos billetes dos usuarios estas taxas.
Poboación activa
É o conxunto de persoas de 16 anos e máis que subministran man de obra para a produción de bens e servizos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse a esta produción.
Ex: Como consecuencia da crise de 2008 aumentou moito a poboación activa desocupada.
Esperanza de vida
Relaciona o número de anos vividos por todos os membros dunha poboación co número de individuos que compoñen esa poboación.
Ex: En España a esperanza de vida da súa poboación supera os 80 anos.
Xeografía
Padrón municipal
É un rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. O Padrón municipal contén información sobre as características da poboación.
Réxime demográfico
Período correspondente ao modelo de transición demográfica cunhas determinadas características relativas á natalidade, á mortalidade e ao crecemento natural ou vexetativo da poboación.
Ex: En España entramos no réxime demográfico moderno a partir de 1975.
Censo de poboación
É o reconto individualizado da poboación do país nun momento determinado. Recolle datos demográficos, económicos e sociais da poboación.
Crecemento vexetativo ou natural
É o crecemento ou decrecemento da poboación dun lugar por causas naturais, é dicir, como resultado dos nacementos e das defuncións.
Ex: O crecemento natural da poboación en Galicia é negativo desde as últimas décadas do século XX.
Taxa de fecundidade
Relaciona o número de nacementos nun ano co número de mulleres en idade de ter fillos. Considérase que por baixo de 2.1 fillos por muller, unha poboación non asegura o nivel de substitución xeracional.
Ex: A taxa de fecundidade das mulleres españolas está ao redor de 1.3 fillos por muller, por tanto non se asegura a substitución xeracional.
Área metropolitana
Son espazos moi urbanizados que concentran unha gran cantidade de poboación, integrados por unha cidade principal, a metrópole, e un conxunto de cidades veciñas estreitamente interrelacionadas con ela ata o punto que foron chamadas cidades satélites.
Ex: As cidades satélites das áreas metropolitanas, nos seus inicios tiveron unha forte dependencia da cidade central, pero foron perdendo dependencia e na actualidade teñen unha maior diversificación demográfica e económica.
Área suburbana
É un espazo localizado na periferia urbana, de transición entre a cidade e o campo, no que se mesturan os usos do chan e formas de vida propias do campo e da cidade.
Ex: Caracterízanse pola baixa densidade de urbanización e os baleiros urbanos.
PXOU (Plan Xeral de Ordenación Urbana)
É o instrumento que ordena o crecemento da cidade no seu conxunto. Os concellos ocúpanse da redacción dos plans xerais, pero estes deben ser finalmente aprobados pola correspondente comunidade autónoma.
Ex: O PXOU de Madrid foi modificado no ano 2021.
Xentrificación
Ocupación de antigas áreas depauperadas por grupos de alto poder adquisitivo que valoran o prestixio dos edificios históricos e a proximidade ao posto de traballo, aos lugares de cultura e lecer.
Ex: Malasaña en Madrid.
Movementos antiglobalización
Denominación dada a un conxunto de organizacións de diverso tipo xurdidas como resposta ás consecuencias negativas da globalización. Teñen en común a crítica á forma en que se está levando a cabo a globalización: á marxe da participación da sociedade.
Ex: Movementos pro cancelación da débeda externa, asociacións de mulleres, grupos ecoloxistas.
Obxectivos de desenvolvemento sustentable
Compromiso adquirido na conferencia internacional do ano 2000 onde 189 países comprometéronse a conseguir para o ano 2030 unha serie de obxectivos:
- Reducir a fame no mundo.
- Estender o ensino primario universal.
- Promover a igualdade entre xéneros.
- Reducir a mortalidade infantil.
- Mellorar a saúde materna.
- Combater enfermidades.
- Promover a sustentabilidade ambiental.
- Fomento da cooperación mundial para o desenvolvemento.
Ex: Fin da pobreza.