Glosario de Termos Lingüísticos en Galego

Clasificado en Informática

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,69 KB

Glosario de Termos Lingüísticos

Linguaxe

Capacidade que temos as persoas de comunicarnos mediante un sistema dobremente articulado.

Lingua histórica

Entidade abstracta que se realiza a través de variedades concretas.

Lingua funcional

É a lingua que se usa nun momento temporal concreto, nun punto xeográfico concreto, por un grupo concreto de falantes nun contexto comunicativo concreto.

Variación

Fenómeno intrínseco ás linguas (as linguas varían en función de distintos parámetros).

Variante

Cada unha das formas que alternan: por exemplo, desde / dende.

Variedade

Cada unha das realizacións dunha lingua histórica determinada por diferentes parámetros.

Variedade estándar

Variedade común aos falantes dunha lingua, marcada diafasicamente como formal, que se ensina na escola e que se emprega nos medios de comunicación.

Estandarización

Proceso que levan adiante os lingüistas para codificar a variedade estándar. Isto é:

  • Establecer a ortografía.
  • Elaborar unha gramática de uso.
  • Redactar un dicionario.

Gramática descritiva

Encárgase de sinalar cales son as regras de funcionamento dunha lingua, de describir con precisión e detalle como se utiliza unha lingua.

Gramática prescritiva ou normativa

Sinala cales son os usos correctos e cales os incorrectos.

Fonética

Estuda os sons presentes nunha lingua, como se articulan, como se perciben e as súas características estruturais e físicas.

O son lingüístico, fono ou segmento fonético

É a unidade secuencial mínima en que se pode dividir un enunciado.

Tracto vocálico

É o conxunto formado pola larinxe, a farinxe, a cavidade nasal e a cavidade oral.

Trazo fónico

A característica mínima e irredutible que participa na creación dun son.

Harmonización vocálica

É a inflexión que sobre o vocalismo pretónico (de grao medio pechado) producen os fonemas tónicos de mínima abertura /i/ e/ou /u/ e, en menor medida, o ditongo /ei/. Así: cuciña por cociña.

Palatalización de /a/

Unha vogal tónica /i/ produce nalgúns casos unha realización [ae] ou aberta dunha vogal /a/ pretónica: camiño-kemiño.

Entradas relacionadas: