Gramática galega: da fonética á lusofonía
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,86 KB
A gramática galega
Os compoñentes da gramática
A gramática galega componse de:
- Fonética: Describe como se forman os sons.
- Fonoloxía: Estuda como a lingua usa os sons para formar significantes.
- Morfoloxía: Estuda a estrutura interna das palabras.
- Sintaxe: Analiza como se combinan as palabras para formar enunciados e oracións.
Do latín ao galego: cambios no léxico
A evolución do latín ao galego supuxo diversos cambios no léxico, influídos por:
- Adstrato: Influencia entre linguas de prestixio similar. Exemplos: carrus ou camisia, do latín, veñen do grego.
- Substrato: Influencias e restos das linguas prerrománicas que exerceron sobre o latín.
- Superestrato: Influencias posteriores á romanización, como as dos suevos ou xermánicos.
Outras influencias no léxico galego son:
- Cultismos: Palabras tomadas directamente do latín ou do grego. Exemplo: colación.
- Semicultismos: Palabras que só tiveron algunha evolución e quedaron a medio camiño entre o latín e o grego. Exemplo: igrexa.
- Palabras patrimoniais: Palabras que tiveron unha evolución completa. Exemplo: coello.
En canto á pronuncia, pasouse de 10 vogais do latín a 7 vogais do galego. Tamén aparecen novos ditongos; e no consonantismo, /k/, /t/ e /p/ pasaron a ser /g/, /d/ e /b/ se ían entre vogais, e /pl/, /kl/ e /fl/ pasaron a -ch.
Lingua oral e lingua escrita
Lingua oral:
- Forma máis común de comunicación.
- Aprendizaxe inconsciente desde nenos.
- Espontánea, dinámica e interactiva.
- Emisor e receptor deben coincidir no tempo e no lugar.
- Uso frecuente en rexistros coloquiais.
Lingua escrita:
- Derivación da lingua oral.
- Require planificación.
- Depende da idade, profesión, etc.
- Emisor e receptor non teñen que coincidir no tempo nin no lugar. Exemplo: unha carta.
A lusofonía
No século XII, Portugal consegue a súa independencia. Antes disto, existía unha lingua común para Galicia e Portugal (o galego-portugués). Coa independencia, as diferenzas entre as dúas variantes comezaron a aumentar, dando lugar ao galego e ao portugués actuais.
O portugués expandiuse a novos territorios como Brasil, Angola, Cabo Verde, etc. A lusofonía é o conxunto de países, culturas e persoas que se expresan en portugués e buscan manter unificado o idioma, defendendo e promovendo o seu uso, así como os intereses e bens culturais, políticos e económicos relacionados co portugués.