Gramática e Historia do Galego: Pronominais e Século Escuro

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,97 KB

Os Pronominais Átonos en Galego

Chamamos pronomes átonos a aqueles que dependen do verbo, sempre recaen sobre el. Non son independentes sintacticamente e cumpren a función de Complemento Directo (**CD**) e Complemento Indirecto (**CI**).

Tipos de Plural e Tratamento de Respecto

Plurais Persoais

  • Plural Inclusivo: *Nós* e *Vós*. Inclúe a todos.
  • Plural Exclusivo: *Nosoutros* e *Vosoutros*. Exclúe os descoñecidos (refírese a un grupo de persoas coñecidas ou limitado). Exemplo: *Nosoutros*, os de 3ºB.

Pronomes de Respecto

O pronome de respecto é *Vostede(s)* (pronome tónico). O tratamento de respecto para os pais adoita empregar o posesivo de respecto (Exemplo: *a miña nai*).

Regras de Substitución Pronominal

Substitución de CD e CI na Terceira Persoa

  • O pronome *te* (**CD**) pasa a *o* na terceira persoa. Exemplo: *Vinte a ti* → *Vino a el*.
  • O pronome *che* (**CI**) pasa a *lle* na terceira persoa. Exemplo: *Deiche a ti un bico* → *Díselle a el un bico*.

Funcións e Contraccións

*O, a, os, as* son sempre **CD**. *Lle* e *lles* son sempre **CI**.

Contraccións: *Lle* + *o* = *Llo*; *Lles* + *o* = *Llelo*.

O Século Escuro e a Evolución do Galego

Consecuencias do Século Escuro

O galego abandona as funcións culturais durante case 300 anos. As principais consecuencias foron:

  1. A lingua ficou en estado oral.
  2. Restrinxida.
  3. Ámbitos rural e mariñeiro.
  4. Seca literaria.

O galego vai vivir diferentes cambios lingüísticos que o van achegar ao galego contemporáneo. No século XVII xorde a *gheada* (ou *xeada*); ata entón non existía. O galego era considerado un dialecto do castelán. En canto á produción literaria, podemos falar só de mostras. Durante a seca literaria aparecen algúns escritos en galego (nas páxinas 16 e 17).

O galego perdeu o tren do Renacemento e da invención da imprenta. O humanismo renacentista impulsou as linguas romances e a súa literatura cun gran desenvolvemento. Así, mentres as linguas romances (castelán e portugués) vivían un momento de esplendor literario (Século XVII, Século de Ouro do castelán con Cervantes), o galego estaba no escurantismo máis absoluto.

Contexto Histórico e Político

A finais do século XIV ata os anos 30-60 do século XV, houbo dúas guerras irmandiñas que co seu fracaso impediron a consolidación dunha burguesía que loitase polos intereses de Galicia.

Logo, a finais do século XV, a segunda guerra de sucesión á coroa de Castela entre Isabel a Católica e Xoana a Beltranexa trouxo graves consecuencias para Galicia ao vencer a primeira. Será o que se coñece como “a doma e castración do Reino de Galicia” e o posterior traslado e substitución da nobreza galega pola castelá, ademais de casamentos da nobreza galega con casteláns/ás.

Entradas relacionadas: