Grandes Nomes e Conceptos Clave da Literatura Galega
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,48 KB
Álvaro Cunqueiro: Vida e Obra Literaria
Álvaro Cunqueiro estudou en Santiago de Compostela (1930), onde a vida cultural e artística era moi activa.
Obra Poética Inicial
Escribiu tres libros importantes de poesía:
- Mar ao Norde (1932)
- Poemas de si e non (1933)
- Cantiga nova que se chama Ribeira (1933)
Carreira Xornalística e Retorno
Durante a Guerra Civil, Cunqueiro dedicouse á docencia e tamén ao xornalismo. Cando rematou a guerra, exerceu a práctica xornalística en Madrid ata retornar en 1947 ao seu lugar de nacemento.
Fundación de Galaxia e Narrativa Galega
Fundou a Editorial Galaxia coa axuda do seu amigo Francisco Fernández del Riego. Con iso, comezou a escribir textos narrativos en galego, publicando os seguintes:
- Merlín e familia (1955)
- As crónicas do sochantre (1956)
- Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961)
Director Xornalístico e Outras Obras
Chegou a ser director grazas ao seu traballo como xornalista, no que publicou tres libros narrativos máis:
- Escola de menciñeiros (1960)
- Xente de aquí e de acolá (1971)
- Os outros feirantes (1979)
Recoñecemento
En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Características da Narrativa de Cunqueiro
A narrativa de Cunqueiro caracterízase por unha orixinalísima mestura de realidade e fantasía. Nos seus libros coexisten personaxes reais e feitos fantásticos. Cunqueiro sempre utiliza técnicas propias, como a importante presenza de recursos tirados da tradición oral popular. As súas obras contan con personaxes de vellos mitos doutras culturas.
Unha das súas obras máis destacadas é Herba de aquí e acolá.
Ánxel Fole: Biografía e Legado Literario
Perfil Biográfico (1903-1986)
Ánxel Fole estudou Dereito en Valladolid, Madrid e Santiago de Compostela. Xa estaba involucrado nos círculos culturais e políticos ligados ao Partido Galeguista.
Carreira Xornalística e Recoñecemento
En 1953, regresou a Lugo e comezou a traballar como xornalista no xornal El Progreso. Faleceu en 1986, e en 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
A Obra Narrativa de Fole
Escribiu catro libros principais que publicou:
- Á luz do candil (1953)
- Terra Brava (1955)
Estas obras reflicten o mundo rural das terras de Courel e do Incio e recorren a unha estrutura narrativa semellante.
Segunda Etapa de Relatos
Unha segunda etapa de recollida de relatos inclúe:
- Contos de néboa (1973)
- Historias que ninguén cre (1981)
Estilo Lingüístico
Nos seus libros empregou unha lingua rica e enxebre, con abundantes dialectismos e barbarismos.
Autores Destacados da Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega contou con importantes figuras:
- Gonzalo R. Mourullo:
- Nace un arbore (1954)
- Memorias de Tains (1956)
- Xosé Luís Méndez Ferrín:
- Percival e outras historias (1958)
- O crepúsculo e as formigas (1961)
- Arrabaldo do norte (1964)
- María Xosé Queizán:
- A orella no buraco (1965)
- Xohana Torres:
- Adiós, María (1971)
- Carlos Casares:
- Vento ferido (1967)
- Cambio en tres (1969)
Tipos de Proposicións Coordinadas
As proposicións coordinadas clasifícanse en:
- Coordinadas Copulativas: e, e mais, nin.
- Coordinadas Disxuntivas: ou, ou ben.
- Coordinadas Adversativas: mais, pero, sen embargo, senón, senón que.
- Coordinadas Distributivas: ben...ben, xa...xa, ora...ora.
- Coordinadas Explicativas: é dicir, ou sexa, isto é...
Novas Voces na Narrativa Galega: Características
As principais características das novas voces na narrativa galega son:
- Estar protagonizado por autores e autoras novos e con formación universitaria.
- Rachar coas formas de narrar tradicionais (omisión da 3ª persoa) e optar por múltiples formas narrativas (1ª persoa, narración epistolar).
- Renunciar á linealidade temporal e á localización espacial concreta.
- Preferir espazos urbanos, desbotando o ruralismo.
- Rexeitar os argumentos convencionais e lóxicos, dándolle entrada ao mundo dos soños.
- Unha visión do ser humano normalmente moi degradada.
- Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.
Carlos Casares: Unha Personalidade Literaria Propia
Carlos Casares destacou pola súa personalidade literaria propia.
Na Nova Narrativa Galega (NNG)
As súas obras dentro da NNG inclúen:
- Vento ferido (1967)
- Cambio en tres (1969)
- Xoguete para un tempo perdido (1975)
Tras a NNG: Unha Obra Máis Tradicional
Posteriormente, a súa obra volveuse máis tradicional, con títulos como:
- O Sol de verán (1975)
- Os escuros soños de Clío (1979)