A Guerra Fría e a Carreira de Armamentos

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,75 KB

A Guerra Fria e a Carreira de Armamentos

La lucha continúa ata 1949, momento en que a ruptura de Tito con Stalin interrompeu o abastecemento dos partisanos que se viron obrigados a deponer as armas. Stalin respondeu ás iniciativas económicas dos Estados occidentais que incluían a Unión das zonas de ocupación occidentais do territorio alemán e a creación dunha moeda común. O peche dos accesos terrestres a Berlín decretado por Stalin o 24 de xuño de 1948 mantivo o conflito dentro dos límites políticos, os aliados evitaron o recurso ás armas e limitáronse a un abastecemento aéreo. A promulgación da Constitución da República Federal de Alemaña coincidiu co fin do bloqueo. Ao cabo de uns meses os soviéticos responderon coa creación da República Democrática Alemá. A declaración de guerra da URSS contra Xapón, dous días despois do lanzamento da bomba atómica sobre Hiroshima, serviu para que as tropas soviéticas ocuparan Manchuria e se adiantaran á chegada das estadounidenses a Corea. O paralelo 38 marcou o límite entre ambas as forzas de ocupación, a falta de acordo provocou a formación en 1948 de dúas repúblicas; Corea do Norte e Corea do Sur. A descolonización de Asia e África, que comezou a finais da década de 1940, desembocou na aparición dun terceiro mundo, caracterizado pola súa vontade de non alienar ningún dos dous grandes. Cada un dos grandes quería aumentar a súa forza para disuadir ao inimigo, os seus aliados buscaban a protección contra os posibles ataques do outro bando. O sistema tradicional de acordos entre os Estados cambiou de carácter, ata 1945 os tratados internacionais solían ser alianzas para facer fronte a un posible conflito bélico, ou ben acordos comerciais, na maioría dos casos bilaterais. En cambio, a partir dese momento os acordos abarcaban a varios países, ben en relación con un dos grandes ou ben para conseguir a colaboración entre Estados de similar importancia. En 1948 Estados Unidos e outros 20 países asinaron a carta da Organización de Estados Americanos para a cooperación económica e a defensa en común. En Oriente Medio unha das últimas realizacións británicas foi a Constitución en 1945 da Liga Árabe, unha alianza de países musulmáns para reforzar os lazos entre eles e coordinar a súa política exterior. En Europa a Organización Europea de Cooperación Económica creouse en 1947 co fin de negociar a distribución da axuda procedente do Plan Marshall. No terreo militar o Tratado de Bruxelas asinado en marzo de 1948 deu orixe a unha alianza defensiva na que Gran Bretaña e Francia aportaban a maior forza pero en abril do ano seguinte esta alianza quedou integrada na Organización do Tratado do Atlántico Norte formada por Estados Unidos, Canadá e varios Estados europeos e cuxo obxectivo era a defensa mutua.

La Guerra Fría y la Carrera de Armamentos:

Durante os primeiros anos da posguerra existía un desequilibrio estrutural na relación de forzas entre as dúas potencias hegemónicas. A superioridade numérica do Exército Vermello e a súa posición no centro de Europa a menos de 1000 quilómetros da costa atlántica non deixaba aos occidentais espazo suficiente para organizar unha defensa eficaz. O deterioro das relacións entre as dúas potencias deu lugar á Guerra Fría. A esta situación de tensión responderon as iniciativas militares dos dous grandes nos anos seguintes. Xa en 1946 creouse en Estados Unidos o Strategic Air Command, e en agosto de 1947 a National Security Act reorganizou a defensa do país. Organizouse o Consello de Seguridade Nacional e o Departamento de Defensa integrado polo secretario de Defensa e a Xunta de Xefes de Estado Maior á que se incorporou a Forza Aérea tras romper a súa anterior dependencia do Exército e da Marina. Formouse igualmente a Sexta Frota co fin de operar no Mediterráneo desde as bases situadas en Italia ao tempo que os servizos de espionaxe se integraban na Axencia Central de Intelixencia. En agosto de 1948 cando a explosión da 1ª bomba atómica soviética acabou coa superioridade técnica americana o Consello de Seguridade Nacional formulou unha doutrina estratéxica baseada na disuasión (deterrence) de calquera posible inimigo: era necesario dispor de bombas suficientes para poder responder a un ataque nuclear por sorpresa sen renunciar por iso ao desenvolvemento das forzas convencionais. O presidente Truman ordenou ademais fabricar a bomba de hidróxeno. En agosto deste mesmo ano a URSS conseguiu tamén a súa 1ª bomba de hidróxeno. Nova doutrina da represalia masiva que segundo ela a resposta a unha agresión sería o emprego de toda a capacidade ofensiva nunha reacción inmediata capaz de destruír a poboación inimiga e os seus medios de combate.

Entradas relacionadas: