A Guerra de Sucesión en España e a Paz de Utrecht
Clasificado en Griego
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,1 KB
La Guerra de Secesión orixinouse pola disputa ao trono de España entre Felipe de Anjou (futuro Felipe V, da dinastía dos Borbóns) e Carlos de Austria. En 1700 Carlos II, rei de España, morre sen descendencia e no seu testamento nomea herdeiro ao trono a Felipe de Anjou, neto de Luis XIV de Francia. Con iso unha España débil quedaba vinculada á primeira potencia, Francia. Sen embargo, o arquiduque Carlos de Austria reclama os seus dereitos ao trono de España. En 1701 Felipe de Anjou é proclamado rei de España sen renunciar aos dereitos ao trono de Francia. Isto supoñía un perigo para os países europeos, porque cabía a posibilidade da unión de Francia e España baixo unha mesma coroa. Os países europeos divídense en dúas correntes: Inglaterra, Austria, Países Baixos, Prusia, Saboya, Portugal e a Coroa de Aragón, temerosos da creación dun bloque franco-español, apoian ao arquiduque Carlos. Francia e Castela apoian a Felipe de Anjou. Comeza así, en 1701, a Guerra de Sucesión que foi un conflito civil en España (a Coroa de Aragón apoia ao arquiduque Carlos pois lles respectaría a súa organización política descentralizada – os seus foros - e un conflito europeo ou guerra internacional. En Europa non houbo un vencedor claro. En España foi favorable a Felipe de Anjou (éxitos de Almansa, Brihuega e Villaviciosa).
. A guerra dá un xiro en 1711, cando o arquiduque Carlos (á morte do emperador José I) foi elixido emperador sen renunciar ao trono de España. Isto plantexaba unha ameaza para Europa: a recreación do antigo bloque hispano-alemán de Carlos V, polo que Inglaterra presionou para que se asinara a paz. A paz de Utrecht (1713) (Sistema de Utrecht: política de equilibrio) A paz de Utrecht puxo fin á Guerra de Sucesión, con as seguintes concesións por parte de España: A favor de Inglaterra: Gibraltar e Menorca e os privilexios económicos do Navío de Permiso e o Asento de Negros en América. Foi a gran beneficiada de Utrecht, tamén partidaria da política de equilibrio entre os países, e liberdade para o dominio dos mares. A favor de Austria: Os Países Baixos (católicos), o Milanesado, Nápoles e Cerdeña. A favor de Saboya: Sicilia. Posteriormente Austria e Saboya intercambiaron Sicilia e Cerdeña. A paz de Utrecht representou para España a perda de todas as súas posesións en Europa, quedando como entidade política e potencia de segundo orde, o que supuxo a confirmación de Inglaterra como nova primeira potencia.
Felipe II (1556-1598) foi educado en Castela e nel abdicou Carlos I en 1556. Fixo a Corte en Madrid e hispanizou a política sendo o último rei que gobernaría persoalmente. Os intereses de Castela tiveron un gran peso e o aumento do autoritarismo político e relixioso provocou graves problemas cos moriscos das Alpujarras, e sobre todo en Aragón coas Alteracións de 1591 polo asunto de Antonio Pérez (Secretario que foi acusado de asasinato e para librarse da persecución refuxiouse en Aragón, acolléndose aos Foros). O outro problema, persoal e de Estado, sería o herdeiro de Felipe II, xa que o infante Carlos foi acusado de conspiración e morrería en reclusión en circunstancias extrañas.
Con Felipe II asentáronse as bases do Estado Moderno autoritario polisinodial, mantendo os virreinatos (Aragón, América, etc.) e creando as Secretarías Reais. Existían Consellos territoriais (Flandes, Aragón, Indias, etc.) e sectoriais (Real, Facenda, Inquisición, etc.), e unha Corte fixa en Madrid (O Escorial). Burocratizouse a Administración con letrados e mantivo a administración xudicial (Chancelerías) e municipal (correxidores) dos seus predecesores. Incrementou a carga fiscal co imposto dos millóns e o Subsidio e o Excusado, para financiar a política exterior. A primeira etapa da política exterior ven marcada pola herdanza do seu pai o Emperador, continuando os conflitos con Francia (San Quintín, 1557) e as guerras de relixión cos protestantes e calvinistas, sendo Felipe II o gran defensor da Conterreforma (xesuítas). Tivo certos éxitos notables, como a anexión de Portugal en 1580 (tras a morte do rei D. Sebastián), ou o triunfo contra os Otomanos na batalla de Lepanto en 1571. Sen embargo, a sublevación dos Países Baixos (Guerra dos Oitenta Anos) e o apoio a estes da raíña Isabel I de Inglaterra, levaron ao desastre da “Armada Invencible” en 1588, que puxo en dificultades o comercio con América. Felipe II non puido finalizar o seu reinado cos éxitos esperados en política exterior, e ademais endebedou e quebrou a Facenda en numerosas ocasións, sendo un lastre para o seu sucesor Felipe III a partir de 1598.
O descubrimento de América atraiu a numerosos casteláns desexosos de facer fortuna. Mediante o mecanismo das capitulacións, obtiñan o permiso da Coroa para explorar e conquistar novas terras. Despois das conquistas antillanas e ante a posibilidade de atopar outras fontes de riqueza (ouro e traballadores), os españois decidiron saltar ao continente (Núñez de Balboa descobre o Pacífico en 1513). En torno a 1519, Hernán Cortés ao fronte de 600 homes, emprende a conquista do Imperio azteca. Aproveitando as rivalidades e creencias indíxenas e a súa indubidable valía militar, logra facerse co control definitivo de Tenochtitlán, incorporando México aos dominios hispanos. En 1531, Francisco Pizarro encabezando unha hueste dun centenar de homes apresa ao emperador inca Atahualpa. Aproveitando a guerra civil entre os incas, logra facerse co control de Cuzco e estendero á totalidade do Imperio. Fundará Lima e completa a incorporación de Perú ao dominio español. México e Perú serviron de modelo para a conquista de outros territorios como Chile (Valdivia) e as conquistas chamadas tardías (Florida, Novo México, interior de Arxentina, etc.)
A colonización de América realizarase empregando fórmulas de orixe español usadas durante as repoboacións da Idade Media, tales como o repartimento ou a capitulación, e outras novidosas como a encomenda (cesión de indios a un español como siervos, obrigando a éste a súa evangelización) ou a mita (traballos forzados das comunidades incas). As críticas dos misioneiros (Fray Bartolomé de las Casas) ao trato que recibían os indios por parte dos españoles, levou ás autoridades a abolir a encomenda e protexer legalmente aos indios (Leis de Burgos, 1512; Leis Novas, 1542).
O descubrimento de América supuxo un profundo impacto na sociedade española. Do mesmo xeito, a existencia dunha poboación allea ao mensaxe cristiano animou a numerosos misioneiros a evangelizar aquelas terras. Cos viaxes de Colón comprobouse que o mundo era máis grande do que se supoñía (os especialistas españoles tiñan razón), que había un continente novo e uns seres novos que posicionar xeográfica e ideoloxicamente e pronto se atisbou que o eixe da política xa non pasaría polo Mediterráneo senón polo Atlántico. É por isto que foi necesaria unha remodelación do Tratado de Alcaçovas con Portugal que se reflictiu no Tratado de Tordesillas acordado con mediación Papal en 1494 e que ampliaba o radio de acción de Castela no Atlántico.
América vai inundar os mercados españoles e europeos cun fluxo regular de produtos. O ouro e, sobre todo, a prata chegarán puntualmente na Frota de Indias, permitindo financiar as empresas da Coroa e aumentando os prezos nos mercados europeos. Novos produtos como o cacao, o tabaco, o millo ou a pataca atracarán igualmente no porto de Sevilla, obtendo unha aceptación desigual (o millo ou a pataca só se xeneralizarán a finais do século XVII e comezos do XVIII). Con todo, América vai ser unha gran oportunidade perdida. Os metais preciosos desviarán aos prestamistas italianos e alemáns para sufragar as guerras de relixión e prestixio dos séculos XVI e XVII, e as rutas comerciais en monopolio así como as novas plantacións, non terán unha gran incidencia no desenvolvemento da industria manufacturera española: a frota mercante de ida a América tan só transportaba un 5% de produtos españoles.