Guía Completa da Gramática Galega: Pronomes, Vulgarismos e Perífrases
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 7,16 KB
Pronomes
Pronomes tónicos e átonos
- Pronomes tónicos: eu, min comigo / ti, contigo / el, ela, si, consigo / nós, nosoutros, connosco / vós, vosoutros, convosco / eles, elas, si, consigo.
- Pronomes átonos: me / che, te / lle, o, lo, no, se / a, la, na / nos / vos / lles, os, los, nos, se / as, las, nas.
Uso dos pronomes persoais
- Te: pronome de 2ª persoa de CD (complemento directo). Exemplo: Onte vinte na rúa.
- Che: pronome de 2ª persoa de CI (complemento indirecto). Exemplo: Tróuxenche un regalo.
- Lle: pronome de 3ª persoa singular de CI. Exemplo: Deille un bo consello.
Notas importantes sobre a substitución de pronomes
- *Che substitúese por lle.
- *Te substitúese por o, a, os, as.
Normas xerais de colocación do pronome átono
- Oración simple: faino
- Proposición principal: dime se o farás
- Proposición subordinada: dime se o farás
- Oración desiderativa: o demo te leve
- Entoación enfática: ti, ti o fixeches
- Exclamativas: ¡como o puxo!
- Interrogativas: quen os trouxo?
- Negativa: vino pero non o mirei
- Oración que comeza por: nada, ninguén ou ningún (proclítico).
- Con pronomes indefinidos: algo, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos, mesmo, todo (proclítico).
- Con adxectivos e adverbios de cantidade: algún, outro, un, os máis, os demais, moito, moi, pouco, tal, tanto, tan, máis, menos, demasiado (enclítico).
- Con adxectivos indefinidos: cada, certo e varios (enclítico).
Vulgarismos na lingua galega
- Prótese: amoto, aradio
- Epéntese: soio, aldeia
- Anaptixe: garavata por gravata
- Síncope: pra por para
- Aférese: nimigo por inimigo
- Apócope: verdá por verdade
- Paragoxe: mullere por muller, collere por coller
- Metátese: probe por pobre
- Redución dos grupos consonánticos: coluna por columna
- Alteracións vocálicas en sílaba átona: fuciño por fociño
- Rotacismo: derde por desde
Dialectismos do galego
No plano fonético
- Seseo e gheada.
- Ditongo -ui- (truita).
- Formas en cua ou gua (cuando, guardar).
No plano morfosintáctico
- Nos plurais de formas con -n final (can-cais).
- Nas formas en -án (irmán-irmao).
- Nos demostrativos (iste, ise...).
- Nas formas dos pronomes persoais (il, tu).
- Cheísmo, teísmo.
- Nas terminacións verbais (andais, andandes, andás por andades).
Perífrases verbais
Perífrases con valor temporal
- FUTURIDADE: Ir + Infinitivo / Haber (de) + Infinitivo
- INMINENCIA: Haber (en pretérito) (de) + Infinitivo / Querer + Infinitivo / Estar a ou para + Infinitivo
Perífrases con valor modal
- OBRIGACIÓN: Haber (de) + Infinitivo / Haber (impersoal) + que + Infinitivo / Ter + que + Infinitivo / Ter + de + Infinitivo / Deber (de) + Infinitivo
- HIPÓTESE: Haber (de) + Infinitivo / Deber (de) + Infinitivo
- PROBABILIDADE: Poder + Infinitivo
Perífrases con valor aspectual
- IMPERFECTIVA: Andar + a + Infinitivo / Ser + a + Infinitivo / Andar + Xerundio / Estar + Xerundio / Levar + Xerundio / Seguir + Xerundio / Ir + Xerundio / Vir + Xerundio
- PERFECTIVA: Acabar + de + Infinitivo / Deixar(se) + de + Infinitivo / Dar + Participio / Levar + Participio / Ter + Participio
- INCOATIVA: Comezar ou Empezar + a + Infinitivo / Botar(se) ou Poñer(se) + a + Infinitivo / Dar + en + Infinitivo
- TERMINATIVA: Chegar + a + Infinitivo / Vir + a + Infinitivo / Acabar + por + Infinitivo
- REITERATIVA: Volver + Infinitivo / Ter + Participio
O infinitivo conxugado
Cando se pode empregar
- Cando os suxeitos dos dous verbos son distintos e o do infinitivo está claramente expreso (Ex: É raro non chegaren os teus pais puntualmente).
- Cando os suxeitos dos dous verbos son distintos, pero o do infinitivo non aparece expreso e é conveniente marcalo para evitar ambigüidades (Ex: Coido que o terás todo solucionado ao chegarmos).
- Cando vai introducido por unha preposición ou locución prepositiva e ten suxeito propio, aínda que sexa o mesmo có do verbo principal (Ex: Berrouche por non faceres o traballo).
Cando non se pode empregar
- Se o infinitivo ten valor impersoal (Ex: Era de esperar este resultado).
- Cando forma parte dunha perífrase verbal ou depende dun verbo modal ou de movemento en construción (Ex: Habedes de saber o que é bo).
- Cando o infinitivo se sitúa a seguir dun verbo causativo (facer, mandar) ou perceptivo (oír, percibir, sentir), do que depende (Ex: Mandaron retirar o moble do cuarto).
- Se se usa con valor imperativo (Ex: Recolle a mesa!).
- Como termo dunha frase preposicional que modifica a un adxectivo (Ex: Estamos aburridos de esperar tanto).
- Se o infinitivo aparece precedido do verbo rexente e unha preposición esixida por este (Ex: Esquecéronse de chamar por teléfono).