Guía Completa de Signos de Puntuación e Recursos Literarios en Galego
Clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 10,06 KB
Guía de Signos de Puntuación e Normas de Uso
O Punto e Coma (;)
Marca unha pausa maior cá da coma e menor cá do punto.
Usos do Punto e Coma
- Para separar series de elementos que xa conteñen comas. Exemplo: Para xantar comemos sopa, carne ao caldeiro e queixo; na cea, peixe e froita.
- En oracións consecutivas e causais.
Os Dous Puntos (:)
Usos dos Dous Puntos
- Antes das enumeracións.
- Antes das citas textuais.
- Despois dos saúdos das cartas.
- Antes dunha oración que explica ou confirma o dito anteriormente.
- Nas indicacións horarias para separar horas dos minutos.
- Despois de expresións do tipo por exemplo, en resumo, etc. (aínda que tamén se adoita usar a coma).
Os Puntos Suspensivos (...)
Indican un corte no discurso, unha suspensión intencionada do sentido da oración.
Usos dos Puntos Suspensivos
- Deixar inacabado un texto.
- Indicar a continuación dunha enumeración.
- Para cortar unha palabra malsonante.
- Para indicar diversos estados de ánimo como dúbida, medo ou sorpresa.
- Nunha cita textual, colocados entre corchetes, indican a supresión dun fragmento.
As Comiñas (" ")
Empréganse para destacar unha palabra/expresión dentro dun texto ou para diferenciar citas textuais.
Usos das Comiñas
- Citar as palabras doutra persoa.
- Para introducir alcumes.
- Para destacar os titulares de noticias, de obras ou traballos.
Parénteses ( ) e Corchetes [ ]
Utilízanse para intercalar aclaracións complementarias nun texto.
Usos de Parénteses e Corchetes
- Delimitar incisos. Exemplo: O meu alumnado (maioritariamente de ámbito rural)...
- Para enmarcar as datas ou lugares.
- Para desenvolver unha sigla ou abreviatura.
O Trazo (–)
Usos do Trazo
- Intercalar explicacións ou aclaracións nun texto.
- Para marcar cada unha das intervencións dos personaxes nun diálogo.
- Para expoñer unha enumeración.
Signos de Interrogación e Exclamación (¿? e ¡!)
Úsanse para pechar as preguntas e as exclamacións.
Normas de Uso
- Escríbense sempre pegados ás palabras.
- Poden aparecer os dous combinados (!?).
- Despois deles nunca se escribe punto.
- Se despois deles hai comiñas, ponse punto.
- Despois destes signos escríbese maiúscula.
A Linguaxe e os Recursos Literarios
Orixe e Definición da Literatura
Orixe: Do latín LITERA, que se refire á arte de ler e escribir ben. Ata o século XVIII significaba toda obra escrita, pero a partir de aí o significado é a forma de comunicación lingüística (escrita ou oral) que busca a beleza.
A Linguaxe Literaria
É unha serie de figuras e recursos estilísticos. Estes converten a linguaxe en connotativa, que pasa a ter un novo significado. Os recursos literarios poden ser:
- Recursos fónicos: Afectan aos sons.
- Recursos morfosintácticos/gramaticais: Afectan á forma e á relación das palabras.
- Recursos léxico-semánticos: Afectan ao significado das palabras.
Recursos Fónicos
Son os que afectan aos sons das palabras. Destacamos os seguintes:
- Aliteración: É a repetición de sons semellantes en palabras para conseguir un efecto sonoro.
- Onomatopea: Consiste na imitación de sons e ruídos, conseguida mediante a repetición de sons.
Recursos Gramaticais
Son os que xogan con alterar a orde das palabras na oración, co fin de que chame a atención. Destacan:
- Hipérbato: Consiste na alteración da orde lóxica das palabras na oración.
- Anáfora: Repetición dunha palabra ou dun grupo delas ao inicio de varios versos dun poema.
- Paralelismo: Repetición de estruturas con variacións.
Recursos Semánticos
Son os que inciden sobre o significado dos vocábulos. Destacan:
- Antítese: Consiste na oposición de elementos contrarios.
- Hipérbole: É unha esaxeración desmesurada.
- Metáfora: Identificación entre dous elementos, un real e outro imaxinario.
- Metonimia: Consiste en nomear cousas co nome doutras coas que se relacionan. A Sinécdoque é un tipo de metonimia que consiste en designar o todo co nome das partes.
- Personificación: Atribución de calidades propias dos seres humanos a seres animados ou inanimados.
- Símil: Comparación que relaciona dúas realidades.
Os Xéneros Literarios e as súas Funcións
Clasificación dos Xéneros Literarios
Son obras literarias que se agrupan segundo os trazos temáticos e formais que posúen en tres grupos:
1. A Poesía
É o conxunto de obras nas que o autor expresa os seus sentimentos. Caracterízase pola voz poética, o ritmo e a musicalidade.
Formas Poéticas Destacadas
- Cantiga: Composición destinada ao ámbito rural.
- Égloga: Diálogo entre pastores.
- Elexía: Poema que laia a morte de alguén.
- Epigrama: Poema breve de carácter festivo ou satírico.
- Himno: Composición patriótica de ton solemne.
- Oda: Poema longo feito en linguaxe elevada.
2. A Narrativa
Comprende as obras en prosa nas que un narrador conta os feitos (inventados ou reais), na historia e no discurso, dun xeito determinado, protagonizados por personaxes, nun espazo e tempo concreto.
Principais Formas Narrativas
- O Conto: É de extensión curta, con poucos personaxes, con espazo e tempo concreto e acción simple.
- A Novela: É de extensión longa, os personaxes son máis numerosos e posúen maior complexidade, presenta unha estrutura complexa.
3. O Teatro
É o conxunto das obras feitas para ser representadas por uns actores nun escenario diante do público. Os diálogos poden ser en prosa ou en verso.
Tipos de Teatro
- Traxedia: Protagonizada por personaxes nobres que son presa de fortes paixóns e teñen un remate catastrófico.
- Comedia: Os personaxes son figuras cotiás que desenvolven accións con humor; procura o riso do espectador.
- Drama: Feito por personaxes comúns que teñen algún problema que superar. Mestúrase o serio co cómico, e o final adoita ser aberto.
Funcións da Literatura
A fundamental é crear unha obra de arte a través do uso da linguaxe, pero ten outras funcións:
- Fonte de coñecementos sobre épocas ou modos de vida (por ex. as cantigas galego-portuguesas).
- Transmite as tradicións e os valores dun pobo.
- Ten función pedagóxica, ensinando normas de comportamento.
- Ten función de compromiso ideolóxico e político, cando se denuncian aspectos negativos dunha sociedade.
- Ten función evasiva, creando universos de fantasía, viaxando cara ao pasado e futuro.
- Ten función lúdica, proporcionando gozos estéticos pola palabra.
A Literatura Galega: Etapas Históricas
É o conxunto de textos con elaboración estética, escritos no idioma galego. Establécense as seguintes etapas:
1. Idade Media (Séculos XII ao XV)
O galego é o "vehículo" normal de comunicación. Na literatura había textos en prosa e en verso (as cantigas).
2. Idade Moderna (Séculos XVI ao XVIII)
Consérvanse poucas mostras literarias, debido aos Séculos Escuros. No s. XVIII aparecen os ilustrados, reivindicando o uso do galego. No s. XIX, durante o Rexurdimento, recupérase a escrita do galego.
3. Idade Contemporánea (Séculos XX e XXI)
No s. XX, na chamada Época Nós (1916-1936), prodúcese a expansión do galego. A etapa franquista (1936-1975) supuxo un retroceso para a cultura. Na etapa da democracia no Estado Español, a lingua galega foi declarada idioma oficial na nosa comunidade.
Formación Individual e Contratos Laborais
A Formación do Individuo
A formación dun individuo é unha especie de identidade que o presenta en todas as súas facetas. En moitos casos, o individuo asina documentos que non revisa nin entende. Esta situación é común e é necesario entender e descifrar a información que se nos presenta.
O Contrato Laboral
É un documento legal que asinan unha empresa e unha persoa traballadora para rexistrar a relación laboral. Nel establécense obrigas e dereitos. A empresa debe cumprir condicións económicas, profesionais, etc., mentres que o traballador debe prestar uns servizos. Estas obrigas mutuas configuran os dereitos de cada un. Ademais, nun contrato hai que ter en conta unhas cuestións antes de asinalo:
Tipos de Contratos Laborais
- Contrato a tempo parcial: Contrato co que o traballador non cobre a xornada completa (8h).
- Contrato a tempo completo: Contrato co que o traballador cobre as horas da xornada laboral (8h).
- Contrato temporal: Contrato co que o traballador traballa por un tempo definido.
- Contrato Indefinido: Contrato co que o traballador non ten data límite.
- Contrato de Prácticas: Contrato que combina formación teórica e práctica.
- Contrato de Servizos Especializados: Contrato no que un traballador especializado realiza servizos para unha empresa que non é a súa.