Guía de especies homínidas e conceptos de xenética
Clasificado en Religión
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,62 KB
Especies clave na evolución humana
Homo sapiens
É o nome científico que se lle outorga á especie humana, a que constitúe un tipo ou especie particular de animal. O Homo sapiens é o único animal na Terra que puido desenvolver un pensamento abstracto, con razoamento incluído.
Homo neanderthalensis
Apareceu en Europa hai 300.000 anos e extinguiuse hai 28.000. Carecía de queixo, a súa fronte era fuxidía e, coma os homínidos anteriores, o óso frontal prolongábase sobre os ollos formando un arco superciliar prominente. Tiña unha gran fortaleza física e era un excelente cazador.
Homo habilis
A esta especie pertencen os primeiros fósiles clasificados dentro do xénero Homo. Viviu en África desde hai 2,5 ata 1,5 m.a. Era capaz de fabricar e utilizar ferramentas de pedra talladas por un só lado.
Homo ergaster
Viviu entre hai 1,8 e 1,2 m.a. Fabricaba ferramentas de pedra talladas por ambas as dúas caras.
Homo erectus
Viviu entre hai 1,7 m.a. e 50.000 anos. Era forte e robusto, foi un homínido "explorador". Saíu de África e ocupou Asia e Europa oriental.
Homo antecessor
Viviu entre 1,2 m.a. e 300.000 anos. Considérase o primeiro "europeo". Na serra de Atapuerca atopouse o depósito de homínidos máis importante de Europa.
Parántropo
É un xénero extinto de homínidos bípedes, propios de África oriental e meridional, caracterizado por unha gran robustez da mandíbula e os molares.
Australopiteco
É un xénero extinto de primates homínidos. Viviu en África dende hai algo máis de 4 millóns de anos ata hai uns 2 millóns de anos. Desprazábanse de xeito bípede. O tamaño do seu cerebro era similar ao dos grandes simios actuais.
Conceptos fundamentais de bioloxía e xenética
Hominoideos
Superfamilia de primates que inclúe os simios antropomorfos como o orangután, o gorila e os chimpancés, así como os homínidos.
Homínidos
Familia de primates que camiñan habitualmente ergueitos. Están representados na actualidade por unha soa especie: Homo sapiens.
Secuenciación
Proceso para determinar a orde exacta en que se atopan dispostos os nucleótidos do ADN.
Xenoma
Conxunto completo de xenes referido a un individuo ou unha especie.
Xene
Unidade fundamental, física e funcional, que transmite información dunha xeración á seguinte.