Guía da Lingua e Literatura Galega: Historia e Autores Clave
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,81 KB
Morfemas Verbais: Estrutura e Tipos
- Morfema léxico: trabado, flexivo.
- Morfema gramatical: trabado, flexivo, vogal temática/modo-tempo/número-persoa.
Uso do Artigo Posesivo en Galego
As formas da primeira persoa poden indicar afectividade ou familiaridade.
- O posesivo usado con numerais equivale a unha expresión aproximativa (ex: xa terá os seus setenta anos).
- Pode significar habitualidade (ex: xa chegou coas súas historias).
- Locucións formadas con posesivos (ex: sempre anda a facer das súas, o óso ten que volver ao seu).
- As formas masculinas con preposición «de» indican propiedade exclusiva.
- Formas específicas distributivas (ex: marcharon en cadansúa bicicleta).
Características do Galego Antigo
- Nivel fonolóxico: vogais nasais, oposición fonolóxica entre sibilantes xordas e sonoras (ss/s; x/j,g; ç/z), consoante africada (ch).
- Nivel morfosintáctico: ausencia dun morfema de feminino para as palabras rematadas en «-or», uso do pronome persoal «te» tanto para acusativo coma para o dativo, emprego do posesivo sen artigo, vacilación na terceira persoa dos perfectos.
- Nivel léxico: vocábulos que posteriormente se perderon.
Características do Galego Medio
- Nivel fonético: perde as vogais nasais e a oposición xordas/sonoras, consérvase a consoante africada.
- Nivel morfosintáctico: distingue «te»/«che», uso do dativo de solidariedade, alomorfos «no(s)»/«na(s)», uso do posesivo con artigo, flexión de xénero en palabras rematadas en «-or».
- Nivel léxico: a renovación linguística procedía sempre do castelán.
O Galego Popularizante: Traxectoria e Rasgos
Presenza de castelanismos, dialectalismos e vulgarismos, vontade interdialectal, uso de apóstrofos e guións para representar as contraccións e os encontros vocálicos propios da lingua falada.
A Etapa do Galego Medio e os Séculos Escuros
A decadencia política de Galicia durante os séculos XVI, XVII e XVIII tivo consecuencias decisivas respecto dos usos escritos do galego durante esta longa etapa. Produciuse un continuado retroceso do noso idioma no espazo da Administración. Ao mesmo tempo, a literatura galega entrou nun período de escurecemento que vai durar arredor de trescentos anos, coñecidos como os Séculos Escuros. Convén subliñar que, durante toda esta longa etapa, o galego continuou a ser a lingua (oral) maioritaria de Galicia.
Literatura Culta: Textos Líricos dos Séculos Escuros
Da corte de Gondomar conservamos a Canción galega en loor de don Diego das Mariñas Parragués —primeiro galego en desempeñar o cargo de capitán xeneral de Galicia—, de autor descoñecido e redactada en once estanzas.
Xa no século XVII teñen relevancia dous sonetos recollidos no volume titulado Exequias da raíña Margarida (1612). O primeiro deles é obra de Xoán Gómez Tonel. Canto ao segundo, cuxo título é «Respice finem», o seu autor é Pedro Vázquez de Neira.
A Ilustración en Galicia: Ideas e Figuras Clave
O século XVIII supuxo para Galicia a chegada e espallamento das ideas ilustradas. Cabería situar esta etapa entre os Séculos Escuros e o Rexurdimento. Os autores desta etapa son o Cura de Fruíme e o frei Benito Feijoo coma unhas das figuras fundamentais da Ilustración en España.
O Rexurdimento Galego: Inicio e Desenvolvemento
O inicio do Rexurdimento establécese coa publicación, en 1853, de A gaita galega de Xoán Manuel Pintos. Esta obra, que alterna verso e prosa e aborda tanto temática social como costumista, é a máis importante do século XIX ata a publicación de Cantares gallegos. Neste período, o proxecto de rehabilitación nacional iniciado polos primeiros provincialistas ten continuidade, a partir de 1880, na mobilización rexionalista, cuxa principal figura ideolóxica vai ser Manuel Murguía.
Francisco Añón: Poeta e Amor pola Terra
Morreu sen ter visto os seus versos publicados. Aínda que desterrado de Galicia a maior parte da súa vida, o amor que sempre sentiu pola súa terra habería de levalo a concorrer en 1861 aos Xogos Florais da Coruña cun efusivo himno dedicado a Galicia.
Alberto Camino: Poesía Amorosa e Emblemática
«O desconsolo», poema amoroso e persoal, ao que se engade «Nai chorosa» como segundo poema emblemático do autor.
Marcial Valladares: Prosa e Lírica Destacada
Coñecido no espazo da prosa pola súa novela Maxina ou a filla espúrea, tamén é autor dun importante número de composicións líricas das que cabe destacar «O paxariño» ou «Saudades».
Antonio Fernández Morales: O Bierzo e as Letras Galegas
Autor ligado á comarca do Bierzo e cuxos Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861) conforman o segundo libro moderno na historia das nosas letras.
Xoán Manuel Pintos: Pioneiro da Literatura Galega Moderna
En 1853 publica o primeiro libro do século XIX escrito primordialmente en galego: A gaita galega. É autor doutros numerosos textos entre os que destaca Contos da aldea.
Os Xogos Florais da Coruña: Un Marco Literario
A celebración dos Xogos Florais na Coruña en 1861 suporía un acontecemento importante para a literatura deste período. O máis significativo deste certame foi a publicación do Álbum de la Caridad (1862), coordinado por Antonio María de la Iglesia, no que se recolle, ademais das composicións premiadas, unha mostra considerable dos poetas galegos contemporáneos.