Perífrases verbais en galego: temporais, modais e aspectuais con exemplos
Resumen
O documento clasifica as perífrases verbais do galego segundo o seu valor: temporais (futuridade), modais (obriga e probabilidade) e aspectuais (imperfectivas, perfectivas, reiterativas, incoactivas e terminativas). Cada tipo inclúe a súa estrutura e exemplos de uso. Serve para recoñecer e distinguir estas construcións en textos e exercicios.
Puntos clave
- As perífrases temporais de futuridade combinan ir, estar a/para, haber (de) ou querer co infinitivo.
- As perífrases modais de obriga inclúen haber que, ter que/de e deber, e as de probabilidade poder e deber de.
- As perífrases aspectuais imperfectivas usan un auxiliar en pasado e indican unha acción que estivo a piques de chegar ao seu termo.
- As perífrases perfectivas, como acabar/rematar de ou vir de, expresan unha acción xa concluída.
- As perífrases incoactivas (botar(se) a, romper a, comezar a) indican o comezo dun proceso.
- As perífrases terminativas (chegar a, acabar por) expresan unha acción que se achega ao seu termo.
1. Perífrases temporais
Indican futuridade:
- Ir + infinitivo: Á noite vouche contar un conto.
- Estar a / para + infinitivo: O tren está a/para saír.
- Haber (de) + infinitivo: Hoxe non, pero mañá hei (de) saír.
- Querer + infinitivo: Só ten este valor con fenómenos meteorolóxicos ou suxeito inanimado: Parece que quere chover.
2. Perífrases modais
a) Indican obriga
- Haber (de) + infinitivo: Has de acompañalo ao médico.
- Haber que + infinitivo: Hai que mellorar os resultados.
- Ter que / de + infinitivo: Temos que superar os rivais.
- Deber + infinitivo: Debemos facer o mellor para todos.
b) Indican probabilidade
- Poder + infinitivo: Pode ter razón no que di.
- Deber de + infinitivo: Breixo debe de ter oito anos.
3. Perífrases aspectuais
a) Imperfectivas
Indican unha acción non realizada pero que estivo a piques de chegar ao seu termo. O verbo auxiliar aparece sempre en pasado:
- Estar a / para + infinitivo: Estiven para ir á festa.
- Haber (de) + infinitivo: Houben de caer.
Acción en desenvolvemento:
- Estar / Andar / Levar / Seguir + xerundio ou A + infinitivo: Estaba pescudando no armario.
- Ir / Vir + xerundio: Vai recuperándose do accidente. (Referida á identidade das persoas, terminativa).
- Ser a + infinitivo: Todos eran a dicir que non había clase.
b) Perífrases perfectivas
Expresan a acción como proceso concluído.
- Acabar / rematar de + infinitivo: Acabou de traballar ás nove.
- Vir de + infinitivo: Non lle fales así que vén de pasar unha boa.
- Deixar(se) de + infinitivo: Deixa de queixarte.
- Dar + participio: Non dei feito o que me pediron.
- Levar + participio: Leva dito algunhas parvadas.
- Ter + participio: Xa terá durmido cando cheguemos. (Só en Futuro, Pospretérito ou Infinitivo).
- Ir + participio: Xa vai comida media torta.
c) Perífrases reiterativas
Indican unha acción repetida.
- Volver / Tornar a + infinitivo: Volveu pasar polo mesmo.
- Ter + participio: Téñocho dito moitas veces.
d) Perífrases incoactivas
Expresan un proceso no seu comezo.
- Botar(se) a + infinitivo: Botouse a rir.
- Romper / Pegar a + infinitivo: Rompeu a chorar. O rapaz pegou a berrar coma un tolo.
- Comezar / Empezar / Poñerse a + infinitivo: Comezou a chover hai un pouco.
- Dar en + infinitivo: Deu en dicir que non era certo.
e) Perífrases terminativas
Expresan unha acción que se achega ao seu termo.
- Chegar a + infinitivo: O reo chegou a confesar o crime.
- Acabar / Rematar / Terminar por + infinitivo: Acabou por saberse todo.
- Acabar / Rematar / Terminar + xerundio: Rematou estudando.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Que é unha perífrase verbal?
Unha perífrase verbal é unha construción formada por un verbo auxiliar conxugado e un infinitivo, xerundio ou participio, que funcionan como un único predicado. O documento clasifícaas segundo o seu valor temporal, modal ou aspectual.
Cal é a diferenza entre haber que e ter que?
Ambas indican obriga. O documento inclúe as dúas entre as perífrases modais de obriga, con exemplos como 'Hai que mellorar os resultados' e 'Temos que superar os rivais'.
Que valor expresa a perífrase acabar de + infinitivo?
Expresa unha acción perfectiva, é dicir, unha acción xa concluída. O exemplo do texto é 'Acabou de traballar ás nove'.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.