Historia Contemporánea: Revolución Industrial, Liberalismo e Movemento Obreiro

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,73 KB

Principios Fundamentais do Capitalismo Liberal

  • O capital, elemento fundamental da produción.
  • Liberdade económica e regulamentación do mercado pola lei de oferta e a demanda.
  • A riqueza individual, factor estimulador das actividades económicas e criterio de organización social.
  • Propiedade privada dos medios de produción.
  • Relacións de produción baseadas no traballo asalariado e na división de tarefas.
  • Desigualdade, dependencia e explotación.
  • Crises cíclicas.

2. Que entendes por “Revolución Agraria”?

Ao longo dos séculos XVIII e XIX, a agricultura europea e americana sufriu unha fonda transformación caracterizada pola renovación das técnicas e métodos agrícolas. Úsanse cada vez máis máquinas, fertilizantes e regadío.

Substitúense os cultivos extensivos de baixo rendemento polos de tipo intensivo. Substitúese unha agricultura de autosuficiencia e de policultivo por unha especializada e comercial. Tamén se modifica o réxime da propiedade da terra:

  • Pásase dun sistema de propiedade da terra sometida a pagos señoriais a unha de propiedade individual.

Estes cambios deron lugar á Revolución Agraria, que tivo como consecuencias:

  • O aumento da produción de alimentos.
  • O crecemento da poboación.
  • O favorecemento do desenvolvemento da Revolución Industrial.

3. Características da Primeira Revolución Industrial

Mecanización

A creación de máquinas específicas para cada traballo permitiu substituír a man de obra humana e incrementar a produción e a produtividade.

Estableceuse o sistema fabril, onde se concentran as máquinas e os homes baixo unha dirección centralizada que controla todo o proceso e divide o traballo en tarefas específicas para cada operario.

Autofinanciamento

As industrias autofinanciáronse mediante o reinvestimento constante das ganancias. Os capitais con que se financiaron estas primeiras industrias tiveron carácter familiar.

Sectores Punteiros

  • Téxtil: tecidos de algodón.
  • Siderometalúrxica: carbón e ferro.
  • Transportes: locomotora de vapor, ferrocarril, primeiros barcos de vapor.

4. Características da Segunda Revolución Industrial

Novas Fontes de Enerxía

  • Petróleo e electricidade.

Novos Sectores Industriais

  • Industria siderometalúrxica: aumenta a produción de ferro e aceiro.
  • Industria dos transportes: descubrimento dos motores de explosión.
  • Industria química: colorantes, explosivos, plásticos.
  • Industria eléctrica: turbinas, electrodomésticos.

Nova Organización do Traballo e da Produción

  • Racionalización da produción.
  • Especialización de tarefas.
  • Traballo en cadea.

Crecente Importancia do Capital

  • Aparecen as sociedades anónimas por accións.

Formas Complexas de Asociación Económica

  • Cartel, Trust, Holding.

5. Revolucións Liberais Burguesas: Definición e Modelos

Denomínanse “revolucións liberais burguesas” aos procesos de ruptura co sistema anterior (o Antigo Réxime) en defensa das liberdades individuais. Neles, o desenvolvemento da burguesía tivo un papel predominante e tamén foi a principal beneficiada. Pódense distinguir tres grandes focos:

  • A Revolución Americana.
  • A Revolución Francesa.
  • A Revolución Española.

A primeira desenvolveuse nas colonias inglesas de América do Norte.

A Revolución Francesa está considerada como o modelo de revolución liberal para as demais.

6. Diferenzas e Similitudes entre as Revolucións Americana e Francesa

Similitudes

As dúas son revolucións liberais e culminan coa elaboración de cadansúa constitución. En EEUU, esta foi complementada cunha declaración de dereitos, e en Francia, cunha declaración dos dereitos do home e do cidadán.

Diferenzas

  • Revolución Americana: Foi a primeira revolución. As colonias inglesas de América do Norte enfrontáronse á metrópole por motivos comerciais e fiscais, proclamando a súa independencia.
  • Revolución Francesa: Está considerada como o modelo de revolución liberal. Derrubou o Antigo Réxime e creou un novo sistema baseado nos principios de respecto aos dereitos do home (liberdade, igualdade, propiedade). Permitiu a conquista do poder pola burguesía e o desprazamento da aristocracia.

7. Principios Políticos do Liberalismo

  • Liberdade e dereitos individuais.
  • Igualdade xurídica.
  • Soberanía nacional e soberanía popular.
  • Representación política e dereito de voto.
  • Separación de poderes.

8. Que é a Europa da Restauración?

Tras a derrota de Napoleón, o Antigo Réxime foi restaurado en Europa. Porén, este sistema foi progresivamente eliminado en case todo o continente grazas ás diferentes vagas revolucionarias liberais que se produciron:

  • 1820: Comezaron en España.
  • 1830: Iniciouse en Francia.
  • 1848: Iniciouse en Suíza e Italia, pero alcanzou a máxima intensidade en Francia.

9. Características da Sociedade de Clases

A sociedade de clases é unha nova estrutura social na que desaparecen os privilexios de carácter feudal típicos da sociedade estamental do Antigo Réxime. A base da nova organización social será a igualdade xurídica, pero non a económica, de modo que as diferenzas poden ser enormes.

A vella sociedade estamental deixaba paso a unha sociedade de clases na que a riqueza é o factor básico da organización social.

10. Cales foron as primeiras formas de protesta do Proletariado?

As primeiras formas de protesta dos obreiros foron reaccións violentas, case sempre espontáneas, contra as instalacións fabrís, contra as materias primas e, sobre todo, contra as máquinas (fenómeno coñecido como Ludismo), ás que vían como a causa directa da perda do posto de traballo.

A maquinaria causaba efectos negativos, obrigando a unha parte da poboación ao paro forzoso.

11. Diferenzas Clave entre Marxismo e Anarquismo

Finalidade

  • Marxismo: A desaparición das clases sociais, buscando unha sociedade igualitaria ou comunista.
  • Anarquismo: A sociedade debe basearse na federación libre de comunas autónomas.

Estratexia Política e o Estado

  • Marxismo: Para instalar a sociedade igualitaria é preciso que exista unha etapa na que o proletariado tome o poder do Estado (Ditadura do Proletariado) para desmontar toda a organización do Estado burgués capitalista. Logo, ese estado ditatorial deberá autodisolverse.
  • Anarquismo: Están en contra de todo poder establecido, contra o Estado e a Igrexa.

Participación

  • Marxismo: Defende a acción do proletariado en política mediante a creación de partidos políticos.
  • Anarquismo: Son contrarios aos partidos políticos e ás eleccións parlamentarias.

12. AIT e 2ª Internacional: Fundación e Doutrinas

AIT (Primeira Internacional)

  • Fundación: Londres, 1864.
  • Doutrinas: Marxista e Anarquista.

2ª Internacional

  • Fundación: París, 1889.
  • Doutrinas: Marxista.

13. Causas do Imperialismo e Maiores Imperios Coloniais

Causas da Expansión Imperialista

  • Económicas: A loita polos mercados e a expansión do capitalismo industrial e financeiro.
  • Políticas: A grandeza dunha nación.
  • Ideolóxicas: O labor civilizador (racismo e superioridade cultural).
  • Demográficas: A presión demográfica obrigou a moitos a emigrar.
  • Sociais: Válvula de escape para as tensións sociais.

Os países que crearon os maiores imperios coloniais foron Reino Unido e Francia.

16. Consecuencias da Primeira Guerra Mundial

Consecuencias Xerais

Os distintos Estados belixerantes comprometeron nela todos os seus recursos humanos e económicos. Houbo un elevado número de mortos e inválidos. A poboación civil foi sometida a grandes privacións. O racionamento dos alimentos, a fame, as enfermidades, os odios nacionalistas e o exterminio das minorías étnicas foron fenómenos frecuentes que incrementaron as estatísticas da morte.

Consecuencias Socioeconómicas

  • Alto custo económico.
  • Destrución de bens materiais.
  • Trastocamento da estrutura económica produtiva.
  • A cuestión financeira (débedas e indemnizacións de guerra).
  • As repercusións sociais: os negocios da guerra enriqueceron os grandes fabricantes industriais.
  • As mulleres terán un papel máis activo na sociedade (traballar nas fábricas e o dereito de voto).

Consecuencias Políticas

  • Fragmentación dos vellos imperios.
  • Ascenso de homes fortes e militares.

17. Diferenzas entre o “Espírito de Versalles” e o “Espírito de Locarno”

O espírito de Versalles

Entradas relacionadas: