Historia e Evolución do Ensaio Galego: De Nós á Actualidade

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,34 KB

O Ensaio Galego: Historia e Evolución

Orixes: Irmandades da Fala e Xeración Nós (Pre-Guerra Civil)

Os inicios do ensaio sitúanse nas Irmandades da Fala e na Xeración Nós, a través das revistas de A Nosa Terra e Nós, que trataban temas nacionalistas e culturais que afectaban á nacionalidade galega.

O Ensaio durante o Franquismo (1936-1975)

O Exilio e a Resistencia Cultural

Tras a Guerra Civil, a existencia deste xénero foi case nula, xa que o sistema político impuxo unha serie de dificultades nos eidos culturais. Por iso, o ensaio tivo que se desenvolver en América, onde se publicaron obras fundamentais como Sempre en Galicia de Castelao.

A Recuperación nos Anos 50 e a Editorial Galaxia

Nos anos 50, a escrita en galego recupera forzas grazas a figuras como Ramón Piñeiro coa fundación da editorial Galaxia. Isto provocou o crecemento en diversos eidos, como a creación literaria e a investigación sobre Galicia en terreo económico, literario e cultural.

Direccións Temáticas: Filosofía e Sociolingüística

Os ensaios en galego producidos no franquismo responden a dúas direccións temáticas principais: a filosofía e a sociolingüística.

A Filosofía e a Identidade Galega

A filosofía tivo como representantes a membros do grupo Galaxia, que abordaban temas considerados de identidade galega:

  • Saúde
  • Paisaxe
  • Humor

Neste eido, destaca Ramón Piñeiro con Filosofía da saúde.

O Ensaio Sociolingüístico

O ensaio sociolingüístico comezou no exilio americano, pero a situación foi cambiando ata chegar aos anos 60, onde comezaron a aparecer artigos en defensa do idioma. O primeiro ensaio en forma de libro é A linguaxe e as linguas, que marcou o comezo dunha nova etapa. Este foi o discurso lido por Ramón Piñeiro. Xunto a este, destacan outras obras clave:

  • Conflito lingüístico e ideolóxico en Galicia de Francisco Rodríguez Sánchez.

Investigación Literaria e Figuras Clave

Tamén debemos citar a Francisco Fernández del Riego na investigación literaria polos seus múltiples artigos e ensaios. Porén, a figura máis destacada é Ricardo Carvalho Calero, autor de obras mestras como Historia da literatura galega contemporánea.

A Diversidade Temática a Partir dos Anos 80

O ensaio dos anos 80 caracterízase pola diversidade temática, que abrangue campos como:

  • A historia de Galicia
  • A economía
  • A lingüística e a literatura
  • A ecoloxía
  • A antropoloxía
  • A teoloxía

A partir dos anos 2000, analízase a situación galega desde diferentes puntos de vista a través de autores como Antón Figueroa. Ademais, nos derradeiros anos destacamos a edición en libros de series de artigos publicados anteriormente en prensa, que tratan temas da actualidade relacionados con Galicia. Un exemplo é Galicia, Galicia de Manuel Rivas.

Conclusión

En resumo, o ensaio experimentou un gran desenvolvemento desde a ditadura, xa que co paso do tempo logrou abarcar unha ampla diversidade temática. Porén, segue sendo un xénero minoritario dentro da literatura galega.

Entradas relacionadas: