Historia da Filosofía: dende os oríxenes ata a filosofía contemporánea
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,63 KB
Filosofía grega: Os oríxenes da filosofía remóntanse ao século VI a.C. Os primeiros filósofos vivían na costa xónica do Mar Euxeo.
Por exemplo, Tales de Mileto, o primeiro filósofo, afirmaba que o primeiro principio do universo é a auga.
O período clásico da filosofía sitúase nos séculos V e IV a.C. en Atenas. A filosofía consolídase como actividade intelectual que, sen abandonar os grandes problemas da orixe e estrutura do mundo, aplícase a outros temas máis próximos á vida concreta do home, á súa ética e á súa forma de organizar a vida social. Nesta tarefa destacan Sócrates, Platón e Aristóteles, cuxa labor desenvolveuse en Atenas, cidade onde naceu a primeira democracia moderna.
A filosofía helenística, época que comeza coa expansión do imperio de Alexandre Magno no século III a.C., adquire un novo carácter moito máis práctico.
Por exemplo, para os epicúreos a felicidade consiste en buscar o pracer e evitar a dor, para os estoicos a felicidade está en aceptar imperturbables o destino, para os cínicos a felicidade consiste en vivir como os animais e renunciar ás normas sociais que son meras convencións.
A filosofía medieval: Ao servizo da teoloxía. A Idade Media (s. V-s. XIV) caracterízase pola presenza da relixión, en particular o cristianismo, en todos os ámbitos. Esta nova situación leva aos eclesiásticos a facerse cargo da tradición filosófica e constrúe unha nova forma de filosofía cuxa máxima aspiración é servir de fundamento á comprensión da teoloxía, verdadeira ciencia, ao estar baseada nas revelacións divinas.
Por iso, o maior problema filosófico da época é como facer compatible o discurso da razón co contido da fe ou revelación. É o que se coñece como o problema fe-razón. Autores importantes son San Agustín e Santo Tomás de Aquino.
A filosofía moderna: Utilizando un novo método, o método hipotético-deductivo que é unha combinación de hipóteses matemáticas e experimentación, Galileo poderá explicar os fenómenos naturais dunha forma máis eficaz e sentará as bases para o desenvolvemento da nosa tecnoloxía actual. Fronte a un mundo centrado en Deus, un mundo teocéntrico como era o mundo medieval, o home moderno atópase nun mundo no que el é o centro, un mundo antropocéntrico. Neste contexto, a filosofía abandona progresivamente a rúa da teoloxía e adquire plena autonomía para levar a cabo a súa actividade. Nesta loita pola autonomía da razón destacan nos séculos XVII e XVIII os movementos filosóficos do racionalismo, empirismo, e posteriormente o idealismo trascendental, cuxos máximos representantes serán Descartes, Hume e Kant. "Atrévete a pensar por ti mesmo".
A filosofía contemporánea: Á procura do sentido. Os inicios da filosofía contemporánea (ss. XIX-XX) van unidos a unha ansia de reforma política. Esta nova situación manifestarase nunha pluralidade de correntes positivismo, marxismo, anarquismo, utilitarismo... que xa non pretenden crear sistemas filosóficos, senón máis ben crear sociedades ideais, utopías. Pensase que do mesmo modo que progresou a ciencia e a tecnoloxía así tamén poden progresar as sociedades humanas. Con todo, todos os intentos de plasmar na realidade estes pranteamentos ideolóxicos fracasaron e conduciro a terríbeis guerras mundiais do s. XX. Tras a segunda guerra mundial a filosofía busca un novo sentido á existencia do home que parece ter perdido toda referencia ao entrar nunha dinámica de autodestrucción. Esta filosofía reflicte no Existencialismo e na Escola de Frankfurt.