Historia e Lingua Oral de Galicia: Evolución e Transformacións
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,11 KB
Historia de Galicia
1950. Fúndase a editorial Galaxia. Disólvese o Partido Galeguista coa morte de Castelao.
Nos anos sesenta, a sociedade galega experimenta profundas transformacións económicas, sociais e culturais. Prodúcese a incorporación masiva da muller á universidade e á vida pública, e conflitos estudantís e obreiros. O éxodo rural.
1963. Creación do Partido Socialista Galego.
1964. Creación da UPG (Unión do Pobo Galego).
1975. Morre o xeneral Franco.
1978. Aprobación da Constitución.
1979. Formación dos concellos; algúns comezan a utilizar o galego.
1980-1981. Aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, onde se di que o galego e o castelán son as linguas oficiais en Galicia. O galego é a lingua propia de Galicia e todos os galegos e galegas teñen o dereito a coñecela e utilizala.
1983. Aprobación da Lei de Normalización Lingüística.
1984. Nace a Compañía de Radio e Televisión de Galicia.
A principios do século XXI, Galicia segue dividida en clases sociais. Está estruturada en alta burguesía, burguesía, campesiños, asalariados e marxinais (parados, mendigos…). Fronte ao 85% de campesiños do século XX, agora só hai o 8%.
Lingua Oral
Durante a posguerra inaugúrase un período marcado pola forte tendencia castelanizadora na nosa sociedade.
Nos anos 60 xorden asociacións culturais coa intención de espallar o uso do galego en todos os ámbitos.
Entre os 60-75 xeneralízase o uso público do galego como vehículo de expresión dos traballadores e estudantes, converténdose tamén no idioma das reivindicacións sociais, pero aínda así non é oficial.
Despois da morte de Franco (1975), o falante non ve a necesidade de falar en castelán e faino en galego.
Desde a aprobación da Constitución (1978), o galego ten máis presenza. Aparecen mestres que ensinan en galego. En cambio, outros resístense despois de que as leis os obriguen.
Despois da creación dos concellos (1979), algúns tamén o usan.
1980-1981. Aprobación do Estatuto de Autonomía. O galego é oficial e úsase nas aulas, na administración pública, no parlamento, nos medios de comunicación…
1984. Nace a Radio Galega.
1985. Nace a Televisión de Galicia.
Os cidadáns teñen unha escolarización en galego, os adultos alfabetízanse e o galego ten máis presenza na vida pública, o que fai que aumente o número de lectores da literatura galega.
Dende 1992 a 2003, a xente que só usa o galego aumentou debido á importancia do galego no ensino e á conciencia das persoas para empregalo. Tamén o fixo o castelán debido a que a xente nova se educa en castelán. Outra parte da poboación usa as dúas linguas, atribuíndolle máis prestixio e dereitos a unha; segue existindo un esquema parcialmente diglósico.