Historia da Literatura Galego-Portuguesa Medieval: Esplendor e Decadencia

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,4 KB

A Era Compostelá: Esplendor (séculos XII-XIII)

Caracterizábase por:

  • Galicia como terra de retagarda na guerra contra os árabes, o que provocou unha paz relativa que permitía o aumento da poboación e o florecemento do comercio.
  • Melloras na agricultura.
  • Crecemento das urbes e forte tensión co poder nobiliario que desembocou nas chamadas Revolucións Irmandiñas.
  • Compostela, grazas aos restos do Apóstolo Santiago, converteuse nun dos tres grandes centros de peregrinación medieval europea, e iso conlevou que o Camiño de Santiago trouxo riqueza á terra.
  • Papel destacado da nobreza de orixe galega na corte Asturleonesa.

Decadencia Socioeconómica e Política de Galicia (Baixa Idade Media)

Factores:

  • A independencia de Portugal en 1121.
  • A unificación das coroas noroccidentais.
  • As Guerras de Sucesión.
  • O estancamento económico.

Uso do Galego-Portugués na Escrita

  • Documentos de carácter privado, como testamentos ou escrituras.
  • Documentos públicos institucionais, como son as actas ou regulamentos.
  • Documentacións xudiciais, como son as denuncias.
  • Documentos eclesiásticos, como son as partidas de nacemento.
  • Documentos científicos e didácticos.
  • Documentos historiográficos.
  • Documentos literarios.

A Cultura Trobadoresca en Europa

Orixe na Provenza (finais do XI ata comezos do XII)

Guillerme IX, primeiro trobador e primeiro poeta.

Expansión por Europa

Aliénor de Aquitania (1122-1204), neta de Guillerme e raíña de Inglaterra e Francia, ampara unha extensa corte literaria, exemplo para o resto de Europa.

Esplendor Trobadoresco (XII-XIV)

Adaptaron a lingua e a temática mediante escolas autóctonas:

  • Escola catalá e italiana (Aragón e Piemonte, respectivamente), en lingua provenzal.
  • Escola do norte de Francia, impulsada pola raíña Aliénor, en francés.
  • Escola siciliana no sur de Italia (século XII), no dialecto local.
  • Minnesänger en Alemaña, en lingua alemá.

Etapas da Poesía Medieval Galego-Portuguesa

Etapa Preafonsina (1196-1245)

  • Difusión do lirismo galego-portugués polo occidente peninsular.
  • Poetas máis antigos: Martín Códax e Mendinho.

Etapa Afonsina (1245-1284)

  • Corte literaria de Afonso X:
    • Creación da prosa en castelán.
    • O galego segue sendo lingua poética.
    • O rei poeta tamén fixo as Cantigas de Santa María.
  • Poetas máis importantes: Airas Nunes.

Etapa Dionisíaca (1284-1325)

  • Tras a morte de Afonso X, o seu neto Don Dinís, rei de Portugal, traslada a corte literaria a este país.
  • Poetas: Estevan da Guarda.

Etapa Posdionisíaca (1325-1354)

  • Mudan os gustos literarios cortesáns.
  • Predominio da prosa.

Etapa de Decadencia (1354-1445)

  • Fracaso da hexemonía política de Galicia.
  • Consolidación dos reinos de Portugal e de Castela.

Intérpretes do Espectáculo Trobadoresco

Trobador

Músico e poeta medieval que compoñía as súas obras e as interpretaba ou facía que as interpretasen xograres nas cortes.

Xograr

Persoa que ía de pobo en pobo na Idade Media divertindo á xente coas súas cancións e bailes a cambio de diñeiro.

Segrel

É como o xograr, pero este actúa nas cortes a cambio de recompensas. A estas persoas tamén se lles unían outras como as soldadeiras e as xograresas.

A Tradición Manuscrita

Manuscritos Contemporáneos

  • Cancioneiro da Ajuda (consérvase en Lisboa e son 310 composicións de 38 poetas).
  • O Pergamiño Vindel (consérvase en Nova York e trátase dunha folla solta dun cancioneiro descoñecido).
  • O Pergamiño Sharrer (son 7 cantigas de amor feitas polo rei Don Dinís e teñen anotacións musicais).

Apógrafos Renacentistas

  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1647 cantigas que pertencen a 150 autores).
  • Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (1200 cantigas copiadas dun cancioneiro).

Entradas relacionadas: