Historia e Normalización do Galego (1978-2004)

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,13 KB

O Galego a Finais do Século XX e Comezos do XXI

O Marco Lexislativo e a Cooficialidade

A Constitución de 1978 supón o recoñecemento de Galicia como nacionalidade histórica e o posterior Estatuto de Autonomía (1981) establece o galego como lingua propia e cooficial, xunto co castelán.

A Lei de Normalización Lingüística (1983)

Co fin de potenciar o seu emprego, aprobouse en 1983 a Lei de Normalización Lingüística, que establece como promover o galego nos diferentes ámbitos:

  • Administración e xustiza.
  • Ensino.
  • Medios de comunicación (incluíndo a creación da CRTVG).

Malia isto, foi notoria a falta dun Plan Xeral, que non se elaborou nin aprobou ata 2004.

Avances e Desafíos Sociolingüísticos

Este novo marco lexislativo permitiu progresos cualitativos (a competencia lingüística é maior), pero non conseguiu frear o descenso no número de falantes nin salvar a desigual distribución da lingua. Os principais desafíos son:

  • O galego concéntrase no rural.
  • É maioritario entre a poboación máis vella.
  • O número de falantes redúcese canto máis novos son.

A Cuestión da Transmisión Xeracional

Esta ruptura xeracional débese en gran medida á perda de transmisión da lingua nos fogares.

Normalización e Estandarización da Lingua

Desenvolvemento Normativo e Institucional

No tocante ás características lingüísticas, na década dos 70, logo do silencio de posguerra, a RAG elaborou as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego.

No mesmo ano, creouse na Universidade de Santiago o Instituto da Lingua Galega (ILG), que publicou os primeiros métodos de aprendizaxe do noso idioma.

As Normas antes citadas foron declaradas oficiais pola Xunta en 1982. Dende aquela, foron revisadas en 1995 e 2003. Esta última modificación atenuou as discrepancias dos reintegracionistas (defensores dun maior achegamento ao portugués).

O Galego Hoxe: Ámbitos de Uso e Presenza

Podemos afirmar que, na actualidade, o galego é unha lingua normativizada (a variedade estándar está establecida) en vías de normalización (é preciso ampliar os ámbitos de uso para frear a súa substitución polo castelán).

Nos últimos anos gañou presenza na administración pública, no ensino e na cultura. Asemade, houbo un forte desenvolvemento editorial e dixital:

  • Editoriais nadas recentemente: Xerais, Vía Láctea, Kalandraka, Rinoceronte.
  • Editoriais consolidadas: Galaxia, Edicións do Castro.
  • Presenza na rede: Creación do dominio .gal e opción en galego nas principais redes sociais e páxinas web.

No entanto, a normalización está lonxe de acadarse nos medios de comunicación. Emiten tan só a Radio Galega e a TVG na nosa lingua, e hai escasa prensa en galego, principalmente dixital:

  • Sermos Galiza
  • Galicia Semanal
  • Praza Pública
  • Galicia Hoxe (dixitais)

Entradas relacionadas: