Historia e Orixe do Galego: Substrato e Romanización

Clasificado en Tecnología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,85 KB

Introdución

O galego, o portugués, o castelán, o francés, o provenzal, o italiano, o romanche, etc., son linguas románicas —tamén chamadas romances ou neolatinas—, é dicir variedades xeográficas do latín vulgar (latín falado). O galego é o resultado da evolución no noroeste da Península Ibérica do latín vulgar.

Substrato

Chamamos substrato á influencia dunha lingua nativa ou indíxena (que acabará sendo substituída) sobre outra lingua implantada no mesmo territorio.

Adstrato

Falamos de adstrato para referirnos á influencia recíproca entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio.

Superestrato

Chamamos superestrato á influencia exercida sobre unha lingua aborixe por unha lingua invasora.

Periodo prerromano

Baixo o nome de período prerromano englobanse os séculos previos á chegada da cultura e da lingua latina á nosa terra. As súas linguas reciben o nome xenérico de linguas prerromanas ou prerrománicas. A chegada do latín á península marca o comezo dun proceso de asimilación cultural.

O substrato prerromano —isto é, o conxunto de trazos que deixaron as linguas autóctonas prerromanas— ía influír notablemente no peculiar “acento” do latín empregado nas distintas zonas da Hispania. As linguas prerromanas deixaron vestixios na toponimia e no léxico.

Constitúen trazos atribuíbles ao substrato prerromano:

  • O mantemento da raíz carr e da raíz mor.
  • Os sufixos -asc-, -usc- e -ego-.
  • Os topónimos rematados en -obre, -abre e -ebre.

Romanización

Chamamos romanización ou latinización ao proceso histórico de asimilación e incorporación dos pobos ibéricos ao mundo cultural romano. Este proceso esténdese desde a chegada das lexións romanas (séculos III–II a. C.) ata a desintegración do Imperio Romano (século V).

A romanización foi un proceso gradual que non se realizou simultaneamente en toda a península. Na Gallaecia recoñécense tres momentos no transcurso desta asimilación cultural:

Ata fins do século I a. C.

Caracterizado pola hostilidade inicial fronte ao pobo invasor.

Desde o 29 a. C. ata o século III

A poboación indíxena comeza a manifestar o seu desexo de aspirar á cidadanía romana. Aparecen as primeiras inscricións latinas na Gallaecia.

A partir do século III

Definitiva imposición do latín vulgar como única lingua oficial en todo o territorio, da que se orixinará o idioma galego.

A romanización da Gallaecia chegou a ser completa e borrou calquera vestixio lingüístico anterior.

Entradas relacionadas: