Historia do Teatro Galego (1936-1976): Autores e Movementos
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,09 KB
Teatro Galego: De 1936 a 1976
Tras a dura posguerra, será a partir dos anos cincuenta cando se recupere a creación teatral en Galicia e a súa publicación, grazas á editorial Galaxia coa colección Illa Nova. Cómpre destacar a estrea no ano 1959 de Álvaro Cunqueiro con O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, que supuxo un fito na creación teatral, despois da interrupción da posguerra. Cunqueiro é un dos autores que máis innovacións achegaron ao xénero dramático, con obras como A noite vai coma un río e Palabras de véspera.
Grupo de Enlace
Grupo heteroxéneo de autores que serven de conexión entre a dramaturxia de preguerra e a renovación do teatro independente.
- Otero Pedrayo: O desengano do prior, Noite compostelá, O fidalgo e a noite
- Blanco Amor: farsas e autos (Farsas para títeres, Teatro para a xente)
- Álvaro Cunqueiro: O incerto señor Don Hamlet (orixinal versión da obra shakesperiana), A noite vai coma un río, Palabras de véspera
- Jenaro Mariñas: Teatro de intención pedagóxica (A revolta e outras farsas, Acurralados, Ramo cativo)
- Carvalho Calero: A farsa das zocas, O auto do prisioneiro, Os xefes
A Xeración dos 50
Conxunto de escritores (fundamentalmente poetas) nacidos arredor de 1930 que irrompen na década dos 50 á sombra do grupo Galaxia cunha decidida vocación renovadora.
A situación política fixo que en moitos casos, as obras teatrais non puidesen ser representadas e quedaran como obras inéditas ou “teatro para ler”. Os autores desta época non se poden adscribir a ningunha corrente: presentan unha produción moi individualizada, pero en todas as súas obras se pode observar o desacougo de vivir nunha sociedade oprimida e sen liberdade de expresión.
- Daniel Cortezón: revisión dramática da historia de Galiza (Xelmírez ou a gloria de Compostela)
- Manuel María: teatro como instrumento reivindicativo (Auto do taberneiro, Barriga verde, Farsa de Bululú)
- Xohana Torres: teatro realista de denuncia social (A outra banda do Íber, Un hotel de primeira sobre o río)
- Bernardino Graña: visión crítica sobre o poder do diñeiro e a vida alienada do ser humano no mundo moderno (20 mil pesos (crime), Sinfarainín contra Don Perfeito, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán))
Teatro Independente e a Mostra de Ribadavia
En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a primeira Mostra de Teatro Galego e o primeiro Certame Abrente. Con esta iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do mundo do teatro galego. Ao tempo que se fomentan e popularizan as representacións teatrais, estimúlase, co premio Abrente, a creación de textos dramáticos.
Obxectivos:
- Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais.
- Romper co concepto de compañía estable e apostar pola itinerancia e a creación colectiva.
- Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun afán experimental.
- Crear unha rede teatral que permita o desenvolvemento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida.
Grupo Abrente
Formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certames de Ribadavia:
- Manuel Lourenzo (Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca, Todos os fillos de Galaad)
- Euloxio R. Ruibal (Zardigot)
- Francisco Taxes
- R. Vidal Bolaño (Laudamuco, señor de ningures)