Impacto da Segunda Revolución Industrial e o Colonialismo

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,43 KB

A Segunda Revolución Industrial e o Imperialismo Europeo

Innovacións e Organización do Traballo

A Segunda Revolución Industrial baseouse en:

  • Uso de novas fontes de enerxía como a electricidade, que era máis limpa e máis barata que o carbón e tiña diversos usos en calquera ámbito.
  • Novos medios de transporte máis baratos e eficientes como o metro e o tranvía, e os primeiros automóbiles que eran movidos con derivados do petróleo.
  • Expansión das redes de telegrafía que permitiron a transmisión instantánea de información.
  • Novos produtos como o vidro, caucho, fertilizantes, etc., que impulsaron novos sectores produtivos.

A estas innovacións tecnolóxicas acompañounas unha nova organización do traballo: o taylorismo, que consistía en aumentar a produtividade mediante a especialización do traballo; e posteriormente o fordismo, que combinaba a produción en serie con incentivos salariais aos traballadores. Todo isto fomentou a concentración industrial. Coa Segunda Revolución Industrial, Gran Bretaña cedeulles parte do seu poder industrial a Alemaña, Francia e EE.UU.

Impacto no Comercio e Consumo

Grazas ao progreso no transporte, o comercio internacional multiplicouse e a expansión da produción masiva de bens fixo que os prezos diminuísen. O comercio interior tamén aumentou. O aumento dos salarios e os novos sistemas de venda, a prazos e mediante préstamos, deron inicio ao consumo en masa. Por todo isto apareceron os grandes almacéns que ofrecían unha gran cantidade de produtos a baixos prezos.

Crecemento Demográfico e Emigración

A mellora da dieta, da medicina e do desenvolvemento económico fixeron que a poboación europea aumentase. Tamén houbo un descenso da mortalidade, e aínda que a natalidade baixaba paulatinamente, a poboación europea sufriu o maior aumento da historia. Co aumento da poboación tamén aumentou o paro, o que provocou que aumentasen os emigrantes coa idea de progresar no Novo Mundo.

Causas do Imperialismo

Existían tres tipos de causas que provocaron o imperialismo:

  • Políticas e demográficas: As colonias eran enclaves estratéxicos para incrementar o poder militar das potencias en todo o mundo e tamén servían para establecer o excedente de poboación da metrópole.
  • Económicas: Nas colonias vendíanse os excedentes de produción e explotábanse os recursos destas con man de obra indíxena moi barata.
  • Culturais e ideolóxicas: Os europeos da época tiñan unha concepción racista baseada na superioridade da raza branca e crían que tiñan unha misión civilizadora para ensinar a súa relixión, cultura e costumes a esta raza supostamente inferior.

A Carreira Colonial e o Repartimento

A rivalidade entre as potencias europeas creou unha carreira colonial por conquistar territorios. África foi o continente máis colonizado. Nela chocaron sobre todo os intereses de Inglaterra co seu proxecto de crear unha colonia de norte a sur con Francia co proxecto de facer o propio pero de leste a oeste. Estas dúas, máis outras potencias como Alemaña, Bélxica, Portugal, etc., acordaron na Conferencia de Berlín como repartir África.

En Asia, os británicos centráronse na India, pero tamén colonizaron Birmania e Malaisia, e tamén controlaron Australia. Francia foi por Indochina. China non foi colonizada, pero Inglaterra estableceu un enclave comercial en Hong Kong e outras potencias tamén obtiveron control doutros territorios de China.

A expansión de Estados Unidos non se baseaba na creación de colonias, senón na inxerencia política e económica nos asuntos internos dos países. Esta expansión dirixiuse cara a puntos estratéxicos do Caribe, de América Central e do Pacífico. Xapón tamén aspiraba a ser unha potencia industrial, así que para asegurarse materias primas colonizou Corea e Manchuria. A carreira colonial provocou conflitos entre as potencias e revoltas nacionalistas.

Tipos de Colonias e Formas de Control

As colonias dividíanse en dous tipos segundo o número de poboadores da metrópole: colonias de explotación e de poboamento.

Existían outros subtipos:

  • Colonia
  • Protectorado
  • Dominio
  • Concesión
  • Enclave estratéxico
  • Mandato
  • Territorio metropolitano

Entradas relacionadas: