A importancia das leis do Estado e das leis autonómicas
Clasificado en Informática
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,51 KB
Valor e función da lei
O concepto de lei a que agora nos referimos é o máis restringido que alude a toda norma producida polos órganos que teñen atribuído o poder lexislativo, segundo a Constitución. Así entendida, a lei é norma de superior rango entre as de orde infraconstitucional e é aquela a través da que se traducen a mandatos xurídicos as opcións políticas fundamentais en cada momento.
Por esta razón vincula por enteiro á Administración e a Xuíces e Tribunais. A lei é norma primaria do ordenamento entre as derivadas da Constitución.
Deriva da descentralización lexislativa, é dicir, da transferencia dunha parte significativa da potestade lexislativa ás Comunidades Autónomas.
Clases de leis estatais
-As leis ordinarias e outras normas parlamentarias con rango de lei
a)Por lei ordinaria do Estado enténdese toda norma aprobada polas Cortes Xerais.
b)Incluso dentro desta categoría poden sinalarse algúns subtipos. Atópanse as leis de Pleno, e as leis de Comisión, Tamén están as leis aprobadas polo procedemento de urxencia e as leis aprobadas en lectura única.
c)Por fin, as leis de delegación da potestade lexislativa no Goberno.
d)Igualmente presentan peculiaridades por fin as leis de orzamentos.
e)Equiparables por seu rango e forza normativa ás leis ordinarias, hai que mencionar tamén os Regulamentos das Cámaras lexislativas.
-As leis orgánicas
As leis orgánicas distínguense das ordinarias polas materias que regulan e por un aspecto importante do procedemento, xa que requiren para a súa aprobación, modificación ou derogación a maioría absoluta no Congreso dos Deputados, non no Senado, nunha votación final sobre o conxunto do proxecto.
-Os Estatutos de Autonomía
Os Estatutos de Autonomía son a “norma institucional básica de cada CCAA” e o Estado os recoñece e ampara “como parte do seu ordenamento xurídico”.
Os Estatutos de Autonomía teñen unha dobre dimensión. Son a norma institucional básica de cada Comunidade Autónoma.
As leis das Comunidades Autónomas son, en esencia, o produto normativo das súas Asambleas Lexislativas ou Parlamentos. Todas esas leis son ordinarias.
Inicialmente os Estatutos de Autonomía non previron a figura normativa do decreto-lexislativo. Os novos Estatutos de Autonomía incorporan xa a competencia dos respectivos Gobernos para dictar decretos-leis en casos de urxencia