Influencia e cambio lingüístico no galego: dialectalismos, vulgarismos e interferencias
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,17 KB
Dialectalismos e vulgarismos
As formas como canciós ou non che se esqueza que non coinciden coas do estándar, pero que aparecen en áreas xeográficas delimitadas, chámanse dialectalismos. Son formas que quedaron en dialectais porque non pasaron ao estándar: comiu (por comeu), el dou (por el deu), etc. As formas galegas que non coinciden coas do estándar, pero que non se vinculan a áreas xeográficas concretas, senón máis ben a grupos sociais populares, chámanse vulgarismos. Estes últimos poden ter dúas orixes:
- Aprendizaxe incorrecta de cultismos: indición por inxección, platicante por practicante.
- Adaptación de cultismos ou préstamos ás pronuncias do léxico patrimonial: con-ceuto por concepto, eisaminar por examinar.
Interferencias do castelán ou castelanismos
As formas lingüísticas derivadas do contacto do galego co castelán son chamadas interferencias ou castelanismos. Xúlganse negativamente e evítanse cando se usa a variedade estándar, pois xeralmente eliminan solucións tradicionais galegas e borran diferenzas interlingüísticas. Esta visión negativa das interferencias nace dunha actitude denominada purismo, que ve nos castelanismos e nas palabras provenientes doutras linguas un perigo á independencia do galego como lingua distinta. Con todo, para a maioría dos falantes, interferencias como Dios (por Deus) ou abuelo (por avó) forman parte do seu léxico galego, igual que as palabras tradicionais ovo ou xeito, e teñen que aprender as correspondentes formas non interferidas como palabras novas. Polo tanto, cando estas persoas falan galego e usan estas palabras, non están a cambiar de idioma. Son palabras que a convivencia co castelán introduciu no galego. Podemos clasificar as interferencias segundo a compoñente da lingua en que aparezan:
- Interferencias fonolóxicas: incapacidade para distinguir /&/ e /e/ (présa / presa).
- Interferencias morfolóxicas: valdria por valeria, haber feito por facer.
- Interferencias sintáticas: Lavouse as mans por Lavou as mans.
- Palabras: Dios, cuchillo, despacio.
- Fraseolóxicas: para colmo por por riba; curado de espantos por escarmentado.
Non todos os castelanismos suplantan antigas formas galegas (güeso por óso), senón que tamén hai moitos castelanismos que entraron para designar obxectos novos que nos chegaron a través do castelán: neve-ra, colegio, congelador, tenedor. Un proceso relacionado coa interferencia é a aplicación de coñecementos da lingua materna ao falar outra aprendida despois. Moitos castelanfalantes usan estruturas sintácticas castelás nos seus enunciados galegos, e fan oracións cos pronomes átonos cambiados de sitio: Llo dei en vez de Deillo. Este fenómeno chámase transferencia. As transferencias tornanse interferencias cando os galegofalantes imitan estes usos e os integran na súa lingua. O contacto co castelán tamén inflúe na selección de formas galegas. O diferencialismo lévanos a evitar as formas galegas coincidentes coas castelás, como comprar, diñeiro; este prexuízo pode conducir tamén ao hiperenxebrismo, a deformación das formas galegas similares ás castelás seguindo outras equivalencias: diviño por divino, coma viño / vino; urbán por urbano, coma irmán / hermano. A converxencia fai que empreguemos só as formas galegas coincidentes coas castelás, como lágrima (non bágoa), cura (non crego). Esta dependencia do castelán empobrece o galego.
O texto aborda diversas formas de influencia e cambio lingüístico no galego, centrándose nos dialectalismos, vulgarismos e interferencias do castelán, así como nos procesos relacionados coa converxencia e diverxencia lingüística.
Os dialectalismos refírense a formas que, aínda que non coinciden co estándar, atópanse en áreas xeográficas delimitadas, mentres que os vulgarismos son formas que non se vinculan a áreas xeográficas concretas, senón máis ben a grupos sociais populares. Estes últimos poden xurdir por un aprendizaxe incorrecto de cultismos ou pola adaptación de préstamos lingüísticos ás pronunciacións do léxico patrimonial.
Por outro lado, mencionanse as interferencias do castelán, que son formas lingüísticas derivadas do contacto do galego con esta lingua. Estas interferencias adoitan ser xulgadas negativamente e evítanse na variedade estándar, xa que tenden a eliminar solucións tradicionais galegas e borrar diferenzas interlingüísticas. Sen embargo, para moitos falantes, estas interferencias forman parte do seu léxico galego debido á convivencia co castelán.
Discútese tamén o fenómeno da transferencia, onde os falantes aplican coñecementos da súa lingua materna ao falar outra aprendida posteriormente. Isto obsérvase no uso de estruturas sintácticas castelás en enunciados galegos, así como na selección de formas lingüísticas, onde se evitan as formas galegas coincidentes coas castelás.
En resumo, o texto destaca a complexa interacción entre o galego e o castelán, mostrando como esta relación afecta a evolución e o uso do galego, tanto en termos de influencia lingüística como na percepción social de certas formas e variantes.