A influencia de Santo Tomás na filosofía cristiana medieval

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,07 KB

Para concebir o problema da realidade en Santo Tomás é necesario falar antes de outros aspectos que inflúen na súa teoría como é a Filosofía Escolástica, a ensinada nas escolas monacais por autores como San Isidoro de Sevilla, San Anselmo, Averroes ou o propio Santo Tomás. Ademais, a este autor considérase doutor da Igrexa coa súa gran aportación á Suma Teolóxica. Nesta obra e enfrontándose ás ideas de Averroes: a existencia de Deus como motor inmóbil que move eternamente o mundo, a mortalidade da alma e a existencia dunha dobre verdade (teolóxica e filosófica), Santo Tomás sintetiza as teorías de Aristóteles co cristianismo dando lugar ao aristotelismo tomista. Esta corrente opóñese ao neoplatonismo dominante e caracterízase pola separación entre fe e razón, o predominio da verdade sobre o ben, o hilemorfismo nas criaturas corpóreas e as probas cosmolóxicas da existencia de Deus.

Metafísica e teocentrismo

Al igual que San Agustín, a metafísica deste autor é creacionista e teocentrista facendo unha distinción entre o ser creador (Deus) e os seres creados: as creaturas (os homes) e as criaturas (o resto dos seres). Ademais, seguindo o pensamento aristotélico establece unha diferenza entre esencia (aquilo polo que unha cousa é o que é) e existencia (aquilo polo cal unha cousa existe), ambas son inseparables.

As cinco vías para comprobar a existencia de Deus

No caso de Deus esencia e existencia coinciden, é acto puro e por iso é o ser necesario. Para demostrar a súa existencia, Sto. Tomás opóñese aos argumentos de San Agustín e ao argumento ontolóxico (o a priori) de San Anselmo e propón cinco vías para comprobar esta existencia. En todas elas segue a mesma estrutura: parten da experiencia, posteriormente apela a un principio metafísico (movimento, causalidade, contingencia, perfección e orde) para demostrar que non se pode chegar ao infinito e acabar concluíndo que Deus existe.

Analogía do ser e hilemorfismo

Siguiendo a síntese co aristotelismo, este pensador medieval desenvolve unha analogía do ser (“todos os seres son, pero non da mesma maneira”). Fala da potencia e o acto, que corresponden coa esencia e coa existencia respectivamente. Como xa dixemos Deus é acto puro e non ten potencialidade pero o resto dos seres son en potencia e non todos existen de feito. Criaturas e creaturas están formadas de dous aspectos: o que o ser xa é (acto) e a capacidade de chegar a ser o que aínda non é (potencia). Así, partindo de aquí, establece que o movemento é o paso da potencia ao acto e que é Deus o primeiro motor inmóbil que necesariamente ten que existir.

Importancia de Santo Tomás na filosofía cristiana

Na liña tamén toma a teoría do hilemorfismo e o análise das causas do gran pensador grego. Como xa desenvolveu Aristóteles o coñecemento científico de calquera cousa pasa polo coñecemento das súas causas. Encontramos dúas intrínsecas (material e formal) e dúas extrínsecas (eficiente e final), desenvolvidas por Aristóteles ás que Sto. Tomás engade a modélica e a instrumental. Ademais, na súa demostración da existencia de Deus establece que Él é causa incausada, é dicir, a orixe da realidade que non foi creada por ninguén.

En canto á verdade e opoñéndose de novo a Averroes, o filósofo medieval establece que é imposible admitir que esta sexa dobre, algo non pode ser verdade e mentira ao mesmo tempo. Por iso nos di que para chegar á verdade necesitamos pasar por Deus e que esta compóñese de dous aspectos: unha verdade sobrenatural (fe), que alcanzamos pola teoloxía; e unha verdade natural (razón) que alcanzamos pola filosofía.

A importancia de Sto. Tomás na filosofía cristiana é indiscutible. Foi un gran xenio que coa súa síntese entre o grego e o medieval, trouxo aportacións trascendentais, trouxo a separación entre fe e razón e basouse no método empírico-racional para, diferenciándose de San Agustín, proporcionarnos coñecementos demostrables, afastados das elucubracións e xogos intelectuais de autores anteriores.

Entradas relacionadas: