Informática: Conceptos básicos e fundamentais

Clasificado en Tecnología

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,37 KB

1. Informática: é o tratamento automático da información mediante o ordenador.

2. Como está formado un sistema de computación: está formado por hardware, que é o equipo físico, como o chasis, teclado, etc., e software, que está formado polo SO que guía ao ordenador para operar e os programas que realizarán diferentes funcións.

3. Periférico: é un dispositivo externo ao ordenador, conectado a el, pero que non é parte do equipo principal e permite a entrada e saída de información.

Os podemos clasificar en 4 categorías: entrada, saída, entrada e saída, almacenamento.

4. Sistema informático ou ordenador: o SO encárgase de recoller datos, procesalos e transmitir a información procesada. A máquina que se encarga disto é o ordenador, cuxa función básica é a execución dun programa que consiste nun conxunto de ordes.

5. Que linguaxe usa o ordenador: o linguaxe usado polos ordenadores é o binario, onde cada carácter se representa en bits nun conxunto de 8 díxitos de 0 e 1. Exemplo: 85-00111000 00110101

6. Unidades de medida do almacenamento: en informática, a unidade básica é o byte, onde canto máis bytes, maior capacidade de almacenamento.

7. Unidades de velocidade de transmisión de datos: exprésase en bytes(datos)/s, outra unidade utilizada é a frecuencia, que se expresa en Hz.

8. Ciclo de frecuencia: é a serie de operacións necesarias para procesar unha instrución. A velocidade do procesador mide en MHz, canto maior frecuencia, maior velocidade.

Bus de datos: é por onde se transporta a información dun lugar a outro do ordenador, mediante información binaria.

Bus de direccións: por este bus circularán os bits que elixirán a posición da memoria, tendo tantas liñas como bits de dirección teña o sistema.

Bus de control: é o que xestionará o uso e acceso á liña de datos, tamén se encarga do fluxo de información entre os componentes.

9. Que é ATA: é un bus estándar para conectar dispositivos como unidades de lectura, discos duros.

10. Que é SATA: é a evolución de ATA, usa un cable con menos condutores e un conector máis pequeno, tamén transmite datos máis rápido.

11. Diferentes tamaños de chasis: torre, sobremesa, netbook, mini torre, semi torre, rack barebone.

12. Para que serve a fonte AC: converter a corrente alterna en corrente continua, cambiando a tensión de entrada de 220v a tensión de saída de 5 e 12. Tipos: ATX 12, compatible de 4 pines, conectores da fonte molex, SATA, PCI-Express, Berg Venti.

13. Que é o factor de forma dunha placa base: é a relación do tamaño coa forma da placa, existindo distintos tipos como AT, ATX, Mini/Micro/Nano/PicoATX, LPX, NLX, BTX.

15. Que son as ranuras de expansión: son elementos que permiten a comunicación con algúns periféricos, conectándose nos diferentes slots. Tipos: PCI/Express, AGP, ISA, SIMM e DIMM.

16. Que é o chipset: o NorthBridge fai de enlace entre o microprocesador, a RAM, PCI, AGP e as comunicacións co SouthBridge, que se encarga dos diferentes dispositivos de entrada e saída e doutras funcións de baixa velocidade.

17. Que significa ROM: é unha memoria de só lectura, xa que a información que contén non pode ser modificada. Necesaria para o correcto funcionamento, pois os fabricantes gardan aí o arranque e o funcionamento do ordenador.

Entradas relacionadas: