Instrumental para Endodoncia: Tipos e Funcións
Clasificado en Tecnología
Escrito el en gallego con un tamaño de 1,95 KB
Limas k: instrumentos manuais para limpar e preparar os condutos radiculares. Presentan unha sección cuadricular.
Ensanchadores: Utilízanse para o ensanchamento dos canais radiculares. Presentan unha sección triangular.
Limas Hedrstroëm ou escofainas: Utilízanse para o alisado dos condutos radiculares, de forma cilíndrica.
Fresas Gattes-Glidden: Utilízanse para o ensanchamento do conduto radicular.
Regleta: Instrumento milimetrado para medir a lonxitude da parte activa que se introduce no conduto radicular.
Espaciadores: Permiten comprimir e compactar a gutapercha no interior do conduto radicular.
Atacadores ou condensadores: Empuxan a gutapercha na técnica de condensación vertical ou en caliente.
Transportador de calor 'heat carrier': Instrumento con alto poder calórico para adaptar a gutapercha á morfoloxía do conduto radicular.
Compactador ou condensador de McSpadden: Compacta a gutapercha ao calentala e introducila no conduto.
Tiranervios Léntulos: Pinzas adaptadas para puntas.
Esponxeiro de endodoncia
Objetivos da Irrigación
Favorecer o limado dos condutos. Disolver e eliminar os residuos do interior dos condutos radiculares. Evitar a formación de tapóns nos condutos. Realizar acción antiséptica e bacteriana.
O líquido máis comúnmente utilizado é o hipoclorito sódico ao 0,5%.
Os antecedentes máis comúns nos tratamentos endodónticos son: perforación durante a apertura cameral ou instrumentación das paredes do conduto, fractura dun instrumento no interior dos condutos, sub/sobreobturación dos condutos con gutapercha, infección que se estenda desde a polpa aos tecidos periapicais, posibilidade de que o paciente aspire ou trague algún dos instrumentos.