Instrumental en obturacións con amalgama e composites

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,45 KB

Instrumental en obturacións con amalgama

Vaso dappen de cristal o metálico: para recoller a amalgama batida.

Portaamalgama: permite tomar a amalgama batida do vaso dappen e levá-la á cavidade.

Atacadores o condensadores: permiten comprimir a amalgama contra o chan e paredes da cavidade.

Bruñidores e conformadores de surcos: permiten adaptar a amalgama á cavidade e tallar os surcos, para reproducir a morfoloxía dentaria inicial.

Cleoide-discoide e outros recortadores: para recortar os excesos de amalgama sobrante no esmalte.

Equipos accesorios a utilizar en función do tipo de obturación a realizar

Para obturación con composite: lámpara de polimerizar.

Para obturación con amalgama: vibrador de amalgama.

Procedementos de obturación directa

Anestesiar ao paciente.

Establecer un illamento absoluto: aconsellable nas obturacións con composite ou ben un illamento relativo con rolos de algodón e aspirador.

Retirar o tecido afectado, con instrumental de rotatorio e fresas, e finalizar cunha cuchilla excavadora.

Comprobar que non queda tecido lesionado, con axentes colorantes que tenen selectivamente a dentina cariada.

Dar forma adecuada á cavidade para reter o material restaurador, tendo en conta o tipo de material de obturación que vai ser empregado.

Desinfección da cavidade con clorhexidina 5% aplicándoo cunha torunda de algodón un minuto.

Se ao eliminar o tecido danado se viu implicada algunha das caras laterais colocar unha matriz para reter o material, a matriz pode ser ben preformada ou ben utilizar portamadrices. As matrices serán metálicas cando a obturación definitiva sexa de amalgama ou de composite.

Cando a retirada da dentina foi importante e a polpa está exposta haberá que realizar un recubrimento pulpar indirecto ou directo. Aplicase hidróxido de calcio, para o cal haberá que realizar a mestura dos compoñentes nun bloque de mestura cunha espátula de bater material clínico con instrumento de bola.

En función da profundidade da cavidade, aplicar unha base cavitaria. A amalgama na cavidade condensada, úsanse atacadores.

A partir de aquí depende do tipo de obturación definitiva: Unha vez chea a cavidade hai que restablecer a morfoloxía da peza, úsanse instrumentos de bola, bruñidores ou conformadores de surcos. Recortadores para os marxes.

Obturación con amalgama

Aplicar barniz na cavidade cun pincel. Preparar a amalgama de prata, triturándoa no vibrador de amalgama. Verter o contido da cápsula nun vaso dappen e transferir con xeringa portaamalgama. Quitar o dique de goma se se utilizou e a matriz. Comprobar a oclusión. Se se utiliza papel artificial e pinzas de suxeición do papel articular. Se a obturación está sobredimensionada, haberá que proceder a retirar o material sobrante con instrumental de man cortante. O pulido da amalgama realízase con fresas de carburo de tungsteno de mil follas, copas de pulido e contraángulo.

Obturacións con composites

Aplicar unha base cavitaria, realizar a mestura dos compoñentes nunha lousa de vidro cunha espátula de cemento. É necesario realizar un gravado ácido da superficie á que se vai aplicar. Aplicar o sistema adhesivo. Levar á cavidade a resina con instrumento plástico ou con pistola dosificadora, unha fina capa, alisar e polimerizar coa lámpara, se é fotopolimerizable, continuar con capas de grosor inferior a 2mm.

Entradas relacionadas: