Intelixencia: Definición, Elementos e Tipos Clave

Clasificado en Psicología y Sociología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,86 KB

Que é a Intelixencia?

Trátase dunha facultade da mente humana que nos permite coñecer; tamén é unha capacidade dinámica e cambiante que nos dá a posibilidade de desenvolvernos no mundo por medio da integración de experiencias. En todo caso, é claro que a intelixencia se relaciona cunha serie de elementos:

  • Aprendizaxe: A intelixencia sofre modulacións e cambios derivados dunha serie de adestramentos e aprendizaxes.
  • Atención e Motivación: Tamén é evidente que a atención e o estado de alerta son necesarios para que a intelixencia se poña en marcha. Non aprendemos, nin pensamos, nin elaboramos xuízos ou conceptos se non temos interese.
  • Cultura e Socialización: Non se entende de igual modo a intelixencia nos diferentes contextos socioculturais, e tampouco se exercita do mesmo xeito. Por iso, depende das tradicións, modelos ou linguaxes propias dunha cultura.
  • Relacións e Planificacións: A intelixencia é capaz de elaborar xuízos e de desenvolver novos modos de relacionar o coñecido.
  • Coñecemento: A intelixencia tamén está relacionada coa adquisición e o procesamento de datos.
  • Memoria: Igualmente, a intelixencia non é un sinónimo de memoria, pero existe unha relación entre o recordo, o coñecemento e a capacidade intelectual.

Eficiencia e Éxito Adaptativo

A intelixencia ten que ver coa capacidade de responder adecuadamente ao contexto, co éxito na realización dunha vida adaptada ao medio.

Tipos de Intelixencia

Un dos modos de medir a intelixencia é o cociente intelectual (CI), que se obtén dividindo a idade intelectual pola idade real e multiplicando por 100.

A Teoría das Intelixencias Múltiples

Esta teoría propón considerar sete tipos de intelixencia. Así, unha persoa pode ter un rendemento moi baixo nunha delas e moi alto noutra, revelando deste xeito capacidades diversas.

  • Intelixencia Lingüística: É a capacidade de manexar a linguaxe. Exemplos son os poetas e os escritores.
  • Intelixencia Lóxico-Matemática: Capacidade lóxica e matemática. Utilízana os científicos.
  • Intelixencia Musical: Capacidade de tocar instrumentos, de percibir melodías, ritmos, etc.
  • Intelixencia Corporal-Cinestésica: Capacidade para resolver problemas ou para elaborar produtos empregando o corpo ou partes del. Exemplos son os bailaríns, os atletas ou os artesáns.
  • Intelixencia Interpersoal: Capacidade para entender outras persoas, coma os vendedores, políticos ou profesionais.
  • Intelixencia Intrapersoal: É tamén unha intelixencia persoal pero orientada ao interior do individuo.

Entradas relacionadas: