A Intensidade na Música: Definición e Importancia

Clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,49 KB

A intensidade defínese como o nivel de forza co que se realiza unha acción ou se manifiesta un fenómeno, un sentimento, etc. Existen intensidades fortes e débiles. A intensidade dun son é relativa, entón para saberlo hai que comparalo, o que para un músico pode ser forte para outro pode ser pouco forte.

A intensidade é a forza do son e mídese en decibelios (dB). Os 10 dB están por debaixo deste limiar e o noso oído non é capaz de percibilos, os sons superiores a 140 dB están por enriba da dor e poden causarnos danos irreparables nos oídos.

En música, a intensidade é a que nos permite diferenciar sons fortes e débiles, é unha das 4 calidades do son, xunto coa altura, a duración e o timbre. Os compositores utilizan os cambios de intensidade para:

  • Axudar e xerar contraste entre un tema musical ou sección e outro.
  • Espertar a atención do oínte nunha pasaxe musical concreta.
  • Xerar tensión na música en momentos precisos da obra.

A intensidade pode aparecer na música das seguintes maneiras:

  • Estable durante toda unha pasaxe.
  • Crecendo ou decrecendo ao longo dun fragmento.
  • Aumentando de xeito súbito nunha nota illada, é o que chamamos acento.

O cambio de intensidade que se produce ao longo dunha obra recibe o nome de dinámica e indícase na partitura mediante uns termos italianos. A estes termos chámaselles matices.

Os matices sinalan con que grao de intensidade se debe interpretar a partitura. Os matices e as súas abreviaturas son pianissimo (pp), piano (p), mezzopiano (mp), mezzoforte (mf), forte (f) e fortissimo (ff).

Os reguladores son uns signos en forma de ángulo que indican o cambio continuo dun grao de intensidade a outro, crecendo e diminuíndo.

O carácter é a sensación ou emoción que nos produce unha obra musical e indícase mediante uns termos italianos, que se colocan ao principio da composición. Os máis frecuentes son: affettuoso, con brio, animato, dolce, agitato, tranquilo.

Un tresillo é un grupo de tres figuras iguais que duran un pulso. O oratorio é unha forma musical vocal de temática relixiosa, que carece de representación escénica.

Haendel naceu en Alemaña en 1685 e morreu en Londres en 1759, compuxo a ópera e iso levouno a viaxar por toda Europa. Foi un compositor de numerosas obras como Rodrigo, Alceste ou Orlando. No barroco desenvolveron a súa obra tres grandes compositores: J.S. Bach, Vivaldi e Haendel.

Entradas relacionadas: