A interpretación das contas anuais e o análise contable
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,79 KB
A estas alturas xa sabemos que a finalidade primordial de calquera empresa é manterse no mercado e conseguir un crecemento e desenvolvemento no mesmo. Para iso plantéxase obxectivos que tenden a lograr os máximos beneficios posibles, é dicir, obter a máxima rendibilidade das súas investimentos na actividade económica. Para controlar e verificar estes obxectivos, a empresa debe realizar un análise dos estados contables.
Este análise consiste no estudo da información económico financeira que conteñen o balance, a conta de pérdidas e ganancias, e outros documentos contables complementarios, mediante técnicas e procedementos analíticos, para sacar conclusións e coñecer diversos aspectos da situación da empresa no ámbito patrimonial, financeiro e económico. Por tanto ten tres obxectos de estudo:
Análise patrimonial:
Ten como finalidade estudar os bens, dereitos e obrigacións. A partir do balance, estúdase a estrutura e composición do activo (estrutura económica) e do patrimonio neto e pasivo (estrutura financeira), así como as relacións entre as diversas masas patrimoniais.
Análise financeiro:
Ten como finalidade o estudo da estrutura financeira, é dicir, a capacidade da empresa para atender ás súas obrigacións a curto e a longo prazo. Isto determina o equilibrio financeiro da empresa. Trátase, por tanto, de comprobar se hai estabilidade financeira na empresa.
Análise económico:
Centra no estudo da estrutura económica da empresa, para comprobar que a súa rendibilidade sexa consecuente coas investimentos realizadas e cos recursos financeiros utilizados. Para iso estuda os resultados da empresa a partir da conta de pérdidas e ganancias.
Podemos realizar o análise desde dúas perspectivas:
- Análise estático, estudo da empresa nun momento determinado. O balance é un instrumento estático.
- Análise dinámico, estudo continuado durante un periodo de tempo. A conta de pérdidas e ganancias é un instrumento dinámico que mostra as operacións realizadas durante todo o exercicio. É un estudo máis rico que permite realizar comparacións entre periodos (e por tanto comprobar se as debilidades e fortalezas son transitorias ou permanentes) ou con outras empresas. Mediante o estudo e comparación de instrumentos estáticos (como o balance) en diferentes momentos do tempo tamén é posible facer un estudo dinámico.
Toda a información contida no análise contable será relevante para un conxunto de axentes relacionados coa actividade da empresa: propietarios e accionistas da empresa, administradores ou xestores da empresa, inversores actuais ou potenciais, proveedores, acreedores e entidades de crédito, clientes, empregados ou a Administración Pública (fundamentalmente Facenda Pública).