Intervención de España en Marruecos (1904-1927): Causas, hechos e consecuencias

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,45 KB

La presencia española en Marruecos vai aumentar a comezos do século XX.

CAUSAS:

- A presenza de Francia no norte de África crea tensión xa que os franceses buscan expandirse en Marruecos e isto a Inglaterra non lle favorecía, polo que apoiou a España na Conferencia de Alxeriras (1906), polo que se acepta que o sur de Marruecos fose para Francia e o norte e a saída ao Mediterráneo para España.

- Necesidade de aumentar o prestixio militar e nacional de España tras a perda de Cuba. Aínda que non todos os españois estaban a favor da presenza de España en Marruecos.

Entre 1909 e 1917, vai producirse a guerra en Marruecos entre tropas españolas contra os indíxenas de alí pola ocupación española.

A ocupación española tivo 2 fases:

1ª Fase (diplomática): Prodúcese o Tratado Hispano-francés 1912, que establece a fronteira definitiva entre España e Francia, que reduce o territorio español aínda que España controla a zona do Riff e a costa atlántica (zona como Rifni e Río de Oro). A presenza vai ser contestada polos bereberes de Marruecos, que se van organizar en cavilas e isto vai facer que a presenza española se reforce. España manda a un exército de reservistas, que non eran militares, non están preparados para ir á guerra e vanse levantar na Semana Tráxica (1909).

Neste ano, os insurrectos de Marruecos vanse sublevar contra os obreiros que estaban a explotar o ferrocarril. Isto produciu moitas baixas españolas e é coñecido como o desastre do Barranco do Lobo.

A Melilla vanse mandar aos reservistas cataláns para reforzar a presenza española. Esta mobilización de reservistas tamén leva á Semana Tráxica.

2ª Fase (militar): Durante os anos que durou a Primeira Guerra Mundial houbo bastante calma no Protectorado. É tras a 1ªGM cando se retoman as guerras militares. Na zona occidental (Ceuta, Tetuán) van triunfar as tropas españolas e na oriental as tropas bereberes (cavilas).

En 1921 as tropas españolas intentan adentrarse máis na zona do Riff. Abd-el-Krim, líder da insurrección e da independencia de Marruecos, vai atacar Annual e a súa vitoria vai provocar a morte de 10000 españoles pondo en perigo Melilla. Isto é coñecido como o desastre de Annual.

Entradas relacionadas: