Intervención e participación na animación sociocultural: principios e modelos

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,14 KB

Principios de la intervención na animación sociocultural

Democracia cultural (é o marco da liberdade, a participación cidadá, a pluralidade e a autonomía, como contexto de actuación e obxectivo para facer realidade unha sociedade máis xusta, desde o exercicio responsable da liberdade en condicións de igualdade e desde a asunción do pluralismo sociocultural como unha realidade enriquecedora)

A participación

Supón a execución de intervencións nas que as persoas destinatarias deben atopar os cauces axeitados para tomar, desde a súa actividade e implicación, o protagonismo que lles permita desenvolver a autoestima tanto a nivel individual como grupal na súa vivencia da cultura

O empoderamento

É a capacidade persoal ou comunitaria de escoller e incrementar o control sobre os recursos e as decisións que afectan ás propias condicións de vida, supón a expansión da liberdade de escoller, actuar e adoptar responsabilidades

A glocalización

Trátase de investir no local sen descoidar as relacións e contribucións enriquecedoras que poden desenvolverse desde o global para abrir así as súas liñas de intercambio de experiencias, colaboración e enriquecemento global, ademais de perspectivas de desenvolvemento e comprensión de realidades máis alá dos límites dun territorio dado

La conclusión é que a animación se insire no tecido comunitario para facilitar o acceso total e igualitario á cultura, promovendo a mobilización e participación activa no coñecemento e disfrute cultural

Modelos de participación na animación cultural

La participación é imprescindible porque ha de situarse a nivel da comunidade, do tecido social, con as distintas redes sociais que poidan existir e aparecer nun territorio dado, para poder traballar dentro dese comunidade. Proxéctase coa comunidade entendéndoa entón non como receptora senón como participante na intervención, nun traballo en horizontal, en plano de igual a igual con todos e cada un dos membros

Perspectivas da participación comunitaria

Planteamento da participación nas actividades de cada proxecto cultural. Podemos querer unha participación pasiva ou activa. Planteamento e promoción da participación comunitaria nas políticas culturais, no deseño e implementación de proxectos e na súa avaliación

Participación no ámbito cultural

Implica que se proxecten intencións e políticas de acción cultural e que se examinen todas as variables socioculturais que dunha maneira ou doutra van condicionar a participación que pretendemos promover. Se plantexa nun entorno complexo de confluencia de relacións e accións públicas, privadas e comunitarias que poden exporse formalmente ou non, as cales condicionan o modelo de participación que poida desenvolverse. O tecido social definirá estratexias, recursos, posibilidades e obstáculos á participación dentro da demanda xeneralizada dunha democracia máis comunitaria, participativa e representativa, pero ese mesmo tecido social é diverso e cambiante. Aspectos a considerar: factores condicionantes do modelo de participación (1. Tecido social: constituído pola rede de relacións que se establece dentro de cada comunidade, tanto entre persoas como entre grupos, nesa rede defínense estilos culturais moi diversos que dan lugar a encontros e desencontros con posibilidades moi desiguais de acceso á cultura e aos seus recursos, establécense cauces de comunicación, relación e colaboración, ou todo o contrario, é posible que ás veces sexa percibida como unha inxerencia na propia dinámica da comunidade. 2. Os factores inherentes á comunidade: diversidade, estratificación, contraposición de procesos. 3. Liñas de acción existentes na propia comunidade. 4. Círculos de poder dentro do tecido comunitario. 5. Recursos culturais existentes. 6. Entidade que xestiona a intervención. 7. Presenza do sector privado. 8. Administración pública), modelos de participación (restrictivos, democráticos e outros), pautas para a promoción da participación e desenvolvemento cultural comunitario como metodoloxía para a participación transformadora

Entradas relacionadas: