Irmandades da Fala, Vangardas e Normalización Lingüística

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,08 KB

Irmandades da Fala: Reivindicación da Cultura Galega

No 1916, Antón Vilar Ponte promoveu a Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura galega. Estas asociacións, formadas por persoas de diferentes clases sociais e profesións variadas, estendéronse polas cidades e vilas do país. Pretendían, entre outros obxectivos:

  1. Cooficialidade do galego e castelán.
  2. Autonomía integral para Galicia.
  3. Ingreso na Liga das Nacións.
  4. Igualdade entre home e muller.

O seu traballo plasmouse na creación de editoriais coma Céltiga, Lar ou Nós e revistas coma A Nosa Terra ou Nós.


As Vangardas Artísticas e a Ruptura coa Tradición

As vangardas foron grupos de artistas novos que rexeitaron as súas tradicións culturais, por consideralas caducas. A situación política e os cambios sociais favoreceron a aparición destes movementos, que pretendían reflectir as formas da vida moderna. Os principais movementos foron: Futurismo, Cubismo, Dadaísmo e o Surrealismo, que difundían as súas ideas a través de manifestos de carácter provocador. Crearon moitas técnicas novas: a libre asociación de imaxes, as colaxes e caligramas, a supresión dos signos de puntuación...


A Nova Narrativa Galega: Renovación Literaria

A Nova Narrativa Galega foi un movemento renovador da narrativa que se produciu entre 1954 e 1970. Caracterizouse por:
  1. Estar protagonizado por autores novos e con formación universitaria.
  2. Rachar coas formas tradicionais de narrar.
  3. Renunciar á linearidade temporal e á localización espacial concreta.
  4. Empregar espazos urbanos, desbotando o ruralismo.
  5. Rexeitar argumentos convencionais e lóxicos.
  6. Concibir o ser humano como un obxecto máis, moi degradado.
  7. Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.
  8. Renegegar do enxebrismo.
  9. Recibir influencias de fóra.


Normalización e Normativización Lingüística

A normalización e normativización son dous procesos estreitamente relacionados que se inclúen no concepto máis xenérico de planificación lingüística.

A normalización persegue incidir no status da lingua (estender a lingua a ámbitos de prestixio e aumentar o seu número de falantes), mentres que a normativización afecta ao seu corpus (elabora unha variedade estándar, gramática, dicionario e vocabulario específico).

Seminario de Estudos Galegos: Investigación e Divulgación

Seminario de Estudos Galegos: Institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que formaban parte das Irmandades da Fala. Entre os seus obxectivos estaba:
  1. Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
  2. Formar investigadores.
  3. Utilizar o galego no ámbito científico.
Para unha mellor estruturación, organizábase en seccións temáticas.

Entradas relacionadas: