Kant e a Metafísica: É Posible como Ciencia?

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,69 KB

O Problema da Metafísica en Kant: É Posible como Ciencia?

Kant parte do feito de que a matemática e a física son ciencias, en cambio, a metafísica non. Kant entende por metafísica un coñecemento cuxos principios van máis alá da experiencia, e que fala sobre: Deus, a Alma e o Mundo.

A Metafísica como Ciencia: A Pregunta Fundamental

Kant pregúntase se é posible un coñecemento científico sobre estes temas. Así pois, o problema fundamental segue a ser se é posible a metafísica como ciencia. Entón, só averiguando as condicións que fan posible a ciencia podemos saber se a metafísica se axusta a elas.

Como se Forma a Ciencia Segundo Kant?

Para Kant, a ciencia está formada por xuízos que deben cumprir dúas condicións:

  1. Que aumente o noso coñecemento.
  2. Que posúa validez universal.

Polo tanto, non terá comprobación empírica, senón que será un xuízo a priori (independente da experiencia). Se quere aumentar o noso coñecemento, non poderá ser un xuízo analítico. Polo tanto, o tipo de xuízos que definen a ciencia serán os xuízos sintéticos a priori.

Os Xuízos Sintéticos a Priori na Crítica da Razón Pura

Kant explicará como son posibles estes xuízos na súa obra fundamental, a Crítica da Razón Pura, dividíndoa en tres seccións principais:

  • Na Estética Transcendental amosa as condicións que fan posible a existencia dos xuízos matemáticos.
  • Na Analítica Transcendental amosa as condicións que fan posible a existencia dos xuízos na física.
  • Na Dialéctica Transcendental ocúpase do problema de se a metafísica cumpre as condicións dos xuízos sintéticos a priori.

A Razón e as Ideas Metafísicas

Kant fai un estudo da razón e di que é de tal natureza que tende a atopar xuízos cada vez máis xerais que abarquen cada vez máis fenómenos. Así se constrúe a ciencia. Os filósofos pretenderon unificar os fenómenos físicos por medio de explicacións metafísicas acerca do Mundo, os fenómenos psíquicos con explicacións acerca da Alma, e recorreron a Deus como causa última destes fenómenos.

A razón chega, pois, a formar as ideas de Mundo, Alma e Deus. Non obstante, como non veñen dadas da intuición sensible, as categorías non lle son aplicables e, polo tanto, a metafísica non é posible como ciencia.

A Utilidade das Ideas Metafísicas

Despois de todo, Kant di que estas ideas non son inútiles, xa que nos permiten atopar uns principios cada vez máis xerais.

Entradas relacionadas: