Kyrie da Misa do Papa Marcelo: Análise e Contexto

Clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,51 KB

A Obra e a Súa Importancia Histórica

A presente audición corresponde á obra chamada "Kyrie" da Misa do Papa Marcelo. Segundo a tradición, esta misa, escoitada nunha das sesións do Concilio de Trento, serviu para que os participantes se inclinasen por non eliminar da liturxia o canto polifónico. Ao mesmo tempo, serviu para marcar directrices da música a varias voces, estilo que se denominaría nun futuro como "Polifonía Clásica" e que se seguiría cantando ata o século XX. Esta obra foi dedicada por Giovanni Pierluigi da Palestrina ao Papa Marcelo e converteuse, para teóricos e compositores, na obra máis representativa das súas 105 misas.

Giovanni Pierluigi da Palestrina: Biografía e Legado

Giovanni Pierluigi da Palestrina, nado en Palestrina e falecido en Roma, foi un compositor italiano, un dos máis célebres do Renacemento. De neno formou parte do coro da basílica romana de Santa María a Maior. Posteriormente, foi organista na catedral da súa cidade natal. En 1555 foi nomeado sucesor de Orlando di Lasso, foi cando escribiu as súas "Lamentacións" e publicou o primeiro libro de motetes. Palestrina mostrouse sempre insatisfeito coas reformas da liturxia sacra, ditadas polo Concilio de Trento. Por ese motivo, dimitiu do seu cargo para pasar ao servizo do cardeal Hipólito II. Está considerado como o autor máis representativo das obras polifónicas axustadas ás novas esixencias da Contrarreforma. A súa obra está formada case na súa totalidade por pezas polifónicas e de carácter sacro destinadas a acompañar a liturxia católica, a excepción dun curto número de madrigais profanos.

O Renacemento: Contexto Histórico e Musical

O "Kyrie" encóntrase dentro do período histórico coñecido como Renacemento, un amplo movemento cultural que se produciu en Europa Occidental entre os séculos XV e XVI. Os seus principais expoñentes encóntranse no campo das artes, aínda que tamén se produciu unha renovación nas ciencias, froito da difusión das ideas do humanismo. Italia foi o lugar de nacemento e desenvolvemento deste movemento. Entre as características principais da música renacentista destacan:

  • A unión entre a música profana e relixiosa.
  • Un maior sentido imitativo do contrapunto.
  • Unha progresiva substitución de voces por instrumentos.

Análise Musical do "Kyrie"

Xénero e Textura

En canto ao xénero, a obra é vocal-relixiosa e con fins litúrxicos, posto que constitúe unha misa e presenta un acompañamento instrumental.

A súa textura é principalmente homofónica, con voces emparelladas de dúas en dúas. Porén, comeza e remata en contrapunto imitativo. Este prodúcese cando unha melodía exposta por unha das voces aparece despois reproducida noutra, no mesmo ou diferente intervalo. En canto á súa notación, as melodías non son moi melismáticas, senón sinxelas e cantables.

Forma, Ámbito e Ritmo

A estrutura tripartita do texto dá lugar a unha forma tamén tripartita (ABC). En cada sección preséntase unha frase diferente parafraseada polas seis voces do coro.

O ámbito é dunha novena e a curva sonora resultante é uniforme. O ritmo xorde da combinación contrapuntística das liñas melódicas, e as frases musicais comezan e rematan xeralmente con notas en valores máis longos.

Idioma

Para rematar, cómpre dicir que o idioma do texto é o latín.

Entradas relacionadas: