Liberalismo e Nacionalismo na Europa do Século XIX: Unidade 3
Clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,69 KB
UNIDADE 3: Liberalismo e Nacionalismo
1. A Europa da Restauración
O Congreso de Viena e a Santa Alianza
Retorno ao absolutismo, contra a expansión das ideas liberais. O Congreso de Viena supón un novo mapa europeo e o dereito de intervención da Santa Alianza (Austria, Rusia e Prusia).
Os Nacionalismos
Ideoloxía impulsada pola burguesía contra a política reaccionaria de Viena. Tratan de recuperar as linguas, tradicións, costumes e lexitimación dos propios pobos.
Idea de Nación
- Liberal: principio de soberanía nacional.
- Conservadora: espírito nacional por encima dos individuos.
Movementos centrípetos para construír un Estado nacional nalgúns casos (Italia ou Alemaña), ou centrífugos para rematar un proceso de autodeterminación noutros casos (Imperio austrohúngaro).
As Orixes Liberais dos Nacionalismos
O nacionalismo baséase no concepto de soberanía nacional, é dicir, que a lexitimidade dun goberno vén dada por unha vontade xeral, por un consenso, dunha poboación que ten intereses comúns.
Romanticismo e Nacionalismo
O romanticismo interesouse polas diferenzas entre as distintas persoas e comunidades naturais (pobos ou nacións). O seu maior ideólogo foi o filósofo alemán Hegel.
2. Liberalismo e Nacionalismo Tras o Congreso de Viena
- 1820: España, Nápoles, Grecia, colonias españolas de América pola debilidade política española e de Portugal e pola influencia das ideas da Revolución Francesa e a independencia dos Estados Unidos. Intervención da Santa Alianza.
- 1830: Francia, independencia de Bélxica.
- 1848: A Primavera dos Pobos: a loita polo sufraxio universal. Expansión revolucionaria por Europa: Austria, etc.
3. A Vontade de Unificación Nacional en Italia e Alemaña
Alemaña
- Ideoloxía romántica.
- Unión aduaneira Zollverein.
- Protagonistas: Guillerme I de Prusia e Bismarck.
Italia
- Risorgimento.
- Monarquía Savoia.
- Corrente republicana: Mazzini.
As Ideas Liberais Noutros Ámbitos: Modernización do Xapón
- O Xapón Meiji: entre os anos 1868 e 1912, o país asiático pasou de ter un sistema político-social ancorado na Idade Media a converterse nunha potencia capitalista.
- Xapón converteuse en importador a gran escala de materias primas e en exportador de produtos rematados.
- No século XX practicou unha política militar expansionista debido á forte ideoloxía nacionalista.